Santa Sofía de Constantinopla

COMENTARIO DE OBRA DE ARTE

INTRODUCIÓN | COMO EMPEZAMOS?

O comentario que imos a realizar a continuación é a análise dunha obra de arte que realizaremos dende o punto de vista da planta, do interior e do exterior.

CONTEXTO | HISTORIA E CARACTERÍSTICAS XERAIS DA ARTE ROMANA

LEMBRA! División do Imperio Romano. Política e relixión no Imperio Bizantino (cesaropapismo). Conflitos relixiosos e cisma de Oriente (aparición da igrexa ortodoxa). Importancia do comercio (especies e artigos de luxo) para a economía bizantina. Constantinopla como porto máis importante da Idade Media.

Combinación da tradición romana (sistema construtivo, materiais e decoración de mosaico) coa tradición paleocristiana (plan basilical).

TIPOLOXÍA | QUE É?

LEMBRA! Centro espiritual do imperio, sede do patriarca de Constantinopla e escenario dos actos estatais. Basílica palatina xunto ao palacio de Xustiniano (propaganda de grandiosidade e poder). Dedicación á Sabedoría Divina (2ª persoa da trinidade en el coas disputas relixiosas).

PLANTA | COMO SE ORGANIZA O EDIFICIO?

LEMBRA! Combinación da tradición occidental (plan basilical) coa tradición oriental (plan central de cruz grega inscrita en cadrado). 

INTERIOR | QUE SABEMOS DA OBRA?

LEMBRA! Espazo unitario pola cúpula e polos muros de arquerías. Nave central máis ancha e con maior desenvolvemento vertical. Cúpula sobre tambor e pechinas. Relación co Panteón. Distribución dos pesos da cúpula mediante semicúpulas e exedras. 

EXTERIOR | QUE SABEMOS DA OBRA?

LEMBRA! Non importa o exterior (materiais construtivos á vista). Tradución do sistema construtivo ao exterior. 

FICHA TÉCNICA:

TÍTULO:  Santa Sofía de ConstantinoplaAUTOR: Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto.ESTILO: arte bizantino (s. VI)DATACIÓN: 532-537 baixo o reinado de XustinianoMATERIAL: ladrillo, mármore e mosaicosLOCALIZACIÓN: Istambul (Turquía)

EXERCICIO:

Identifica, analiza e comenta estas lámina empregando o seguinte esquema:
  1. Identifica a obra sinalando, se procede, cultura/estilo/movemento, cronoloxía, título e autor. [1 pt.]
  2. Encadraa no seu contexto histórico-artístico. [1 pt.]
  3. Analízaa e coméntaa [2 pts.]

COMENTARIOS RESOLTOS:

IMAXES: