Esculturas de Praterías

COMENTARIO DE OBRA DE ARTE

INTRODUCIÓN | COMO EMPEZAMOS?

O comentario que imos a realizar a continuación é a análise dunha obra de arte que realizaremos dende o punto de vista temático, compositivo e estilístico.

CONTEXTO | HISTORIA E CARACTERÍSTICAS XERAIS DA ARTE ROMANA

TIPOLOXÍA | QUE É?

TEMÁTICA | QUE PODEMOS VER?

ESTILO | CARACTERÍSTICAS DA OBRA?

- Luz: As superficies son planos amplos ou teñen moitos entrantes e saíntes?, como afecta a luz á percepción da obra?, ten algún significado simbólico?

- Colocación das figuras: contribúe a mellorar a sensación de profundidade a colocación das figuras?, por qué?, está xuxtapostas ou xeneran espazo?

- Perspectiva: existe algún tipo de perspectiva?, en qué consiste?, hai algún punto de fuga?, disminúe proporcionalmente o tamaño das figuras a medida que se alonxan do espectador?, hai disminución progresiva dos detalles e pérdida de nitidez nos planos máis alonxados?

- Fondo: como é o fondo (neutro ou hai paisaxes/arquitecturas)?, contribúe a crear profundidade?, como?, cantos planos se poden observar?

- Textura: Empregouse unha determinada "factura" para representar superficies de distintas texturas?, imita as superficies e textura das telas que representan?, contribúe a un maior realismo?

- Policromía: Está policromada ou presenta o aspecto do material que a compón?, que efecto produce?

COMPOSICIÓN | ORGANIZACIÓN DA OBRA?

- Esquema compositivo: a organización da obra potencia a horizontal, a vertical ou a diagonal?, hai algún esquema xeométrico?, hai algún punto focal?, como se marca (situación, iluminación, punto de fuga, escala, etc.

- Escala: as figuras están realizadas coa mesma escala ou destacan unhas máis que outras?, existe algún canon?, ten alguna significación simbólica?

- Movemento: as figuras están en actitude dinámica ou de reposo?, o movemento é realista ou as posturas son irreais)?, como se consegue o movemento?

CONCLUSIÓN | PROXECCION DA OBRA

Indica a importancia da obra no seu contexto e a súa influencia nas seguintes épocas históricas.

FICHA TÉCNICA:

TÍTULO:  portada de PlateríasAUTOR: Mestre Esteban (arquitecto) e outros.ESTILO: RománicoDATACIÓN: 1103-1117MATERIAL: granitoLOCALIZACIÓN: portada sur da catedral de Santiago de Compostela

EXERCICIO:

Identifica, analiza e comenta estas lámina empregando o seguinte esquema:
  1. Identifica a obra sinalando, se procede, cultura/estilo/movemento, cronoloxía, título e autor. [1 pt.]
  2. Encadraa no seu contexto histórico-artístico. [1 pt.]
  3. Analízaa e coméntaa [2 pts.]

COMENTARIOS RESOLTOS:

INFORMACIÓN:

Enrique Mayer Castro: Reconstrución da portada de Platerías"
en Vidal Rodríguez, Manuel: La Tumba del Apóstol Santiago (1924).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | PORTA FRANCÍXENA

PORTADA DE PRATERÍAS | AUTORÍA

MESTRE DE PRATERÍAS

As súas obras son consideradas as de mellor calidade. A hipótese de que este autor fora o Mestre Estevo, hoxe non se admite.Entre as súas características destacan:
  • a representación das figuras nun esquema xeométrico romboidal
  • Anatomías coidadas
  • Panos con pregas paralelas en U
  • Cabelo en mechóns soltos
  • Rostros con grosos labios, ollos avultados e fazulas redondeadas. Característico bigote cara arriba.
  • Pernas cruzadas en aspa.
Entre as súas obras destacan o David músico, a muller adúltera, a Creación de Adán e os apóstolos das xambas.

MESTRE DO CORDEIRO

Relacionado coa Porta do Cordeiro de San Isidoro de León.Entre as súas características destacan:
  • Monotonía nos panos e anatomías
  • Volumes xeométricos e formas pulidas
  • Tendencia á xeometría e á frontalidade
  • Rostros inexpresivos
  • Rostros semellantes ós do mestre de Praterías, pero carentes de vida.
Entre as súas obras destacan o Pantocrátor, o anxo co libro e a reprensión de Eva.

MESTRE DA TRAIZÓN

Relacionado coa Porta do Perdón de San Isidoro de León.Entre as súas características destacan:
  • Estilo máis narrativo
  • Tendencia ao vulto redondo (brazos e pernas poden estar exentos) 
  • Vestimentas con pregas grosas e cilíndricas que se cinguen á parte inferior do corpo
  • Rostros con bigotes cara arriba e pupilas escavadas, moi expresivas.
Entre as súas obras destacan as do tímpano dereito: o prendemento ou o bico de Xudas, a expulsión do paraíso e a curación do cego.

MESTRE DAS TENTACIÓNS

Entre as súas características destacan:
  • Cabezas cúbicas con pelo cortado á taza
  • Canon curto
  • Vestimentas con pregas aplastadas
  • Figuras en perfil
  • Variedade na disposición dos pes.
Entre as súas obras destacan a flaxelación e a coroación de espiñas.

MESTRE DA TRANSFIGURACIÓN

Relacionado con Saint-Sernin de Toulouse.Entre as súas características destacan:
  • Rebuscado manierismo.
  • Estilo tardío
  • Uso de mármore como material principal.