Actividades

UD1: Grecia

Actividade 1

Comenta o texto respondendo ás seguintes preguntas:

“A beleza reside, non na proporción dos elementos constituíntes, senón na proporcionalidade das partes, coma entre un dedo e outro dedo, e entre tódolos dedos e o metacarpo, entre o carpo e o antebrazo, en realidade entre tódalas partes entre si, como está escrito no Canon de Polícleto. Para ensinarnos nun tratado toda a proporción do corpo, Polícleto apoiou a súa teoría nunha obra, facendo a estatua dun home de acordo cos principios do seu tratado e chamoulle á estatua, coma o tratado, Canon.” 


GALENO en García Almiñana, E. (coord.): Historia da Arte 2º Bacharelato. Madrid, Ecir, 2000, páx. 169.

Actividade 2

Comenta o texto respondendo ás seguintes preguntas:

“O templo grego caracterízase por un defecto moi importante e por unha supremacía indiscutible a través de toda a historia. O defecto consiste na ignorancia do espazo interno; a gloria na escala humana. [...] 

Quen investigue arquitectonicamente o templo grego, buscando en primeiro lugar unha concepción espacial, terá que fuxir arrepiado, sinalándoo ameazadoramente como típico exemplar de non arquitectura. Pero quen se achegue ao Partenón e contémpleo como unha gran escultura, quedará admirado como fronte a poucas obras do xenio humano. [...] 

Os elementos que constitúen o templo grego, con: plataforma levantada sobre o chan, unha serie de paus de bolos apoiados sobre ela e un arquitrabe continuo que sostén o teito. Tamén hai, é certo, unha cela, [...] un espazo interno; pero este espazo non foi nunca pensado creadoramente, porque non respondía a funcións e intereses sociais: mais ben era un espazo sinxela e literalmente pechado, e o espazo interior así encerrado é, xustamente, característico da escultura. O templo grego non estaba concibido como a casa dos fieis, senón como a morada impenetrable dos deuses.” 

ZEVI, B.: Saber ver la arquitectura. Madrid, Apóstrofe, 1998, páx. 44.

Actividade 3

Comenta o texto respondendo ás seguintes preguntas:

“No profundo da actitude mental grega existía unha inamovible crenza no valor do home individual. Durante os séculos en que as grandes partes da Terra estaban dominadas polas monarquías absolutas de oriente, os gregos desenvolvían o seu convencemento de que o home debe ser respectado non como instrumento dun señor omnipotente, senón por si mesmo. Procuraron custe o que custe ser eles mesmos, e a conseguilo axudoulles a propia natureza do país. Nos tempos antigos Grecia era xeográficamente moi parecida ao que é hoxe: a extremidade máis meridional da enorme masa dos Balcáns. Un país de montañas de dura caliza, separadas por profundos vales, que está case dividido en dous pola estreita divisoria do Golfo de Corinto. Cara ao leste, a estrutura do continente prosegue con intermitencia por medio de illas, e o conxunto está rodeado ao sur polo alargado baluarte de Creta, illa que foi denominada “a pasadeira de continentes”. Ata con illas, Grecia é un país pequeno, de menor extensión que o Yemen ou Florida. Ademais a súa reducida área non puido soportar máis que uns poucos millóns de habitantes. 

E a razón disto, en parte, é xeográfica. En Exipto e en Mesopotamia, nas terras fluviais do Nilo e do Eúfrates, resultaba fácil someter unha gran poboación a un só soberano e conseguir que cada home cumprise unha misión asignada nun vasto sistema unificado. Pero en Grecia, onde cada distrito estaba separado do veciño por montañas ou polo mar, un control deste tipo resultaba imposible (...) 

A Natureza criou aos gregos nunha escola dura, pero isto fíxoos conscientes de si mesmos e do seu propio valor. Sen esta consciencia nunca fixesen unha contribución tan importante á experiencia humana: o coñecemento de que o home ten que ser honrado polo que vale como individuo e debe ser tratado con respecto precisamente porque é el. Utilizando as palabras do gran Pericles: Cada un dos nosos cidadáns, en todas as múltiples facetas da vida, é capaz de demostrarse como o lexítimo dono e señor da súa persoa, e ademais facelo con graza e versatilidade excepcionais (…).” 

BOWRA C. M.: La Grecia Clásica. Madrid, Time-Life International, páx. 12. 

Actividade 4

Relaciona os números da imaxe coas seguintes palabras:


Actividade 5

Le o seguinte artigo de opinión acerca dos cánones de beleza feminina:


* Podes consultar o artigo completo aquí.
barbie.pdf

Outros recursos