Tarde de domingo na Grande Jatte
COMENTARIO DE OBRA DE ARTE
INTRODUCIÓN | COMO EMPEZAMOS?
O comentario que imos a realizar a continuación é a análise dunha obra de arte que realizaremos dende o punto de vista temático, compositivo e estilístico.
Identificación: a que estilo corresponde a obra?, cal é a súa cronoloxía?, cal é o título e o autor (se se coñece)?, que persoa, institución ou grupo encargou a obra?, tiñan algunha relación co autor de tipo económico ou profesional?
CONTEXTO | HISTORIA E CARACTERÍSTICAS XERAIS
Contextualización: Relaciona a obra e as súas características coa época á que pertence observando aspectos económicos, sociais, políticos ou culturais. A construción deste edificio, ten que ver cos acontecementos históricos dese momento?, destaca algún aspecto cultural ou valor humano na arquitectura?
TIPOLOXÍA | QUE É?
Localización: onde se atopa a escultura?, por que se atopa neste sitio?, ten algunha relación con outras esculturas ou edificios?
Tipoloxía: que tipo de escultura é (vulto redondo, relevo, busto, ecuestre.)?
Función: cal é o uso principal desta escultura (relixiosa, funeraria, conmemorativa, etc.)?, ten algunha significación simbólica?, como variou a súa función e significado ata a actualidade?
Xustificación: como sabemos a súa función?, existe algunha representación escultórica ou pictórica que o indique?
TEMÁTICA | QUE PODEMOS VER?
Descripción: que figuras aparecen (personas, animais, obxectos, etc.) e que estan a facer (orante, sedente, xacente, figura ecuestre, etc.)?
Argumento e significación: que representa a escena?, cal é o seu simbolismo?
Fontes iconográficas: mitoloxía clásica, Biblia, etc. Que relación hai con outras obras da súa época?
ESTILO | CARACTERÍSTICAS DA OBRA?
Figuración: como é a figuración?, é esquematizada, realista ou idealizada?
Volume: hai sensación de profundidade ou volume na escultura?, como se consegue?
- Luz: As superficies son planos amplos ou teñen moitos entrantes e saíntes?, como afecta a luz á percepción da obra?, ten algún significado simbólico?
- Colocación das figuras: contribúe a mellorar a sensación de profundidade a colocación das figuras?, por qué?, está xuxtapostas ou xeneran espazo?
- Perspectiva: existe algún tipo de perspectiva?, en qué consiste?, hai algún punto de fuga?, disminúe proporcionalmente o tamaño das figuras a medida que se alonxan do espectador?, hai disminución progresiva dos detalles e pérdida de nitidez nos planos máis alonxados?
- Fondo: como é o fondo (neutro ou hai paisaxes/arquitecturas)?, contribúe a crear profundidade?, como?, cantos planos se poden observar?
Técnica: qué técnica empregouse para realizar a obra?, en qué tipo de material está realizada?
- Textura: Empregouse unha determinada "factura" para representar superficies de distintas texturas?, imita as superficies e textura das telas que representan?, contribúe a un maior realismo?
- Policromía: Está policromada ou presenta o aspecto do material que a compón?, que efecto produce?
COMPOSICIÓN | ORGANIZACIÓN DA OBRA?
Espazo escultórico: existe algún elemento que delimite a escena?, o espazo pictórico é unitario ou está dividido?, hai equilibrio e estatismo ou inestabilidade e dinamismo?
Disposición das figuras: como se distribúen as distintas masas da obra?, están equilibradas ou acumuladas en algún punto?
- Esquema compositivo: a organización da obra potencia a horizontal, a vertical ou a diagonal?, hai algún esquema xeométrico?, hai algún punto focal?, como se marca (situación, iluminación, punto de fuga, escala, etc.
- Escala: as figuras están realizadas coa mesma escala ou destacan unhas máis que outras?, existe algún canon?, ten alguna significación simbólica?
- Movemento: as figuras están en actitude dinámica ou de reposo?, o movemento é realista ou as posturas son irreais)?, como se consegue o movemento?
CONCLUSIÓN | PROXECCION DA OBRA
Indica a importancia da obra no seu contexto e a súa influencia nas seguintes épocas históricas.
FICHA TÉCNICA:
TÍTULO: Tarde de domingo na Grande JatteAUTOR: Georges SeuratESTILO: Neoimpresionismo (puntillismo o divisionismo)DATACIÓN: finais do século XIX (1874-1900)MATERIAL: óleo sobre lenzoEXERCICIO:
Identifica, analiza e comenta estas lámina empregando o seguinte esquema:- Identifica a obra sinalando, se procede, cultura/estilo/movemento, cronoloxía, título e autor. [1 pt.]
- Encadraa no seu contexto histórico-artístico. [1 pt.]
- Analízaa e coméntaa [2 pts.]