Obradoiro de multilingüismo na Rede ASP-UNESCO
Os xestos internacionais demostraron ser unha ferramenta didáctica útil para promover o multilingüismo nos centros educativos da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO, ASP-UNESCO. Os centros educativos galegos que pertencen a esta rede internacional celebran unha reunión cada dous anos. Máis dun centenar de estudantes de primaria, secundaria e incluso superior reúnense durante varios días para intercambiar experiencias.
O IES Pedra da Auga presentou nestes Encontros diferentes obradoiros, onde o concepto común é que os alumnos de bacharelato actúen como profesores dos seus compañeiros para axudarlles a aprender o que teñen preparado. Nos dous últimos encontros (2010 e 2012), o obradoiro do IES Pedra da Auga ofreceu aos participantes achegarse a unha lingua da súa elección, utilizando como ferramenta didáctica os xestos internacionais. Os resultados preséntanse a toda a comunidade escolar (profesorado, alumnado e as súas familias) ao remate do Encontro.
No seguinte vídeo móstrase a presentación que se fixo no encontro de 2012, onde os alumnos (principalmente dos centros de primaria) puideron saudar e presentarse en catro idiomas diferentes (alemán, chinés, suahili ou grego moderno), así como mostrar algúns slogans.sobre o tema do encontro (a importancia da educación no noso mundo global), cantando finalmente unha canción africana en suahili.
A seguinte lista mostra os sucesivos pasos que levaron a esta actuación nos catro idiomas.
Os mesmos materiais de aprendizaxe en lingua galega: Lección 1, saúdo, Presentación
Lección 1 en Inglés Lección 1 en Español
Jambo Bwana (canción): preparación polos estudantes canción orixinal texto con signos
slogans con signos
O seguinte vídeo (de mala calidade) mostra as presentacións realizadas no Encontro anterior (2010) onde as linguas estudadas foron italiano, turco, indonesio, wolof e árabe.