Educadores pola Paz
Os xestos internacionais téñense presentado en varias Conferencias de Educación pola Paz, co apoio e colaboración do Seminario Galego de Educadores pola Paz, SGEP.
Galiza, 1994
Os xestos internacionais presentáronse nun obradoiro que tivo lugar durante a I Conferencia Europea sobre Educación para a Paz, que se celebrou en xullo de 1994 en Santiago de Compostela.
Vermont, EE.UU., 1995
A V Conferencia Mundial sobre Educación para a Paz, celebrada en 1995, en Northfield, Vermont, Estados Unidos, foi unha oportunidade para a presentación dun taller sobre o proxecto, onde educadores de diferentes partes do mundo puideron aprender a usar e comprender os signos e eventualmente incluso foron capaces de actuar como estudantes producindo e presentando as súas propias pequenas frases en diferentes idiomas: chinés, árabe e suahili
O seguinte vídeo mostra algúns momentos do obradoiro
Graz, Austrtia, 1998
A Terceira Conferencia Europea sobre Educación para a Paz celebrouse do 16 ao 20 de xullo de 1998 en Graz, Austria.
O coordinador do proxecto YoGoTe fixo unha presentación das principais características e obxectivos do proxecto ante a Conferencia, facendo signos internacionais ao mesmo tempo.
Finalmente, repetiu as últimas frases en lingua galega, como un xeito práctico de amosar como as linguas menos empregadas poderían beneficiarse destas ideas para gañar presenza en eventos internacionais.