YoGoTe información

en Galego

A idea básica deste proxecto é fomentar o uso de xestos internacionais como unha canle adicional de comunicación e expresión.

Podemos usar as mans para facer xestos internacionais mentras falamos en calquera língua.

A palabra YoGoTe está composta por tres sílabas xaponesas que significan "Mundo-Língua-Man"

Yo (Mundo), Go (Linguave), Te (Mans)

世 语 手

Estas sílabas poden ser escritas en caracteres que son comúns a xaponeses e chineses, o que reforza a esencia internacional do proxecto.

O resultado é unha palabra de triple significado, que á súa vez é o nome dunha colección de signos que permite a todo mundo facer xestos internacionais e utilizalos en contextos de comunicación internacional, principalmente a nivel educativo.

A información sobre o proxecto YoGoTe preséntase organizada nas seguintes seccións:


Desenvolvemento

Amosa o proceso seguido durante estes anos así como os materiais que se atopan dispoñibles actualmente.


Difusión

Exibindo as principais accións que se levaron a cabo para o fomento do proxecto e o uso dos xestos internacionais.


Educación

Os xestos internacionais pódense utilizar en todos os níveis de educación.


Institucional

O uso de signos internacionais pode resultar moi eficaz para a comunicación internacional e o entendemento mutuo, e xa que logo, para o fomento da paz.


Multilinguísmo

Un novo concepto no eido da aprendizaxe de línguas e o multilinguísmo é posible grazas ao emprego de signos internacionais.

Memória

Espazos onde se recolle a memória do proxecto YoGoTe.