Proxecto
21-25

Xustificación

No ano 2013 empreguei unha páxina coma esta para presentar a candidatura de Serafín Álvarez Rodríguez á dirección do IES de Mugardos. Oito anos despois coido que segue a ter vixencia pois a finalidade non é outra que acadar a máxima difusión do proxecto e fomentar o debate sobre o centro de ensino que entre todos queremos contruír.

Coma daquela, emprego a imaxe de Castelao para salientar o concepto de proxecto aberto á comunidade e, agora con máis coñecemento de causa, inacabado. Por iso renovo con ilusión a candidatura para os vindeiros catro cursos (2021-2025). De ningún xeito, esta páxina substitúe o proxecto oficial que o candidato debe presentar á comisión de selección, segundo a Orde do 21 de abril de 2021 (DOG do 30 de abril).