Plurilingüismo e dinamización da lingua galega

Plan Lingüístico de Centro

Dinamización lingüística da lingua galega

Linguas estranxeiras

A presenza das linguas estranxeiras na vida académica ten aumentado coa implantación no centro das seguintes medidas:

  • Auxiliar de conversa en lingua inglesa.

  • Seccións bilingües castelán-inglés.

  • Oferta de programas para a cualificación en inglés do alumnado (CUALE).

Semella factible manter esta participación no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. sempre que conte cun firme compromiso e iniciativa persoal do profesorado e departamentos implicados, boa resposta do alumnado e demanda das familias.


Por outra banda, cómpre recuperarmos as iniciativas de intercambio, cooperación ou mobilidade con centros doutros países, salientablemente dentro do marco europeo.

O estudo estatístico máis completo sobre a realidade sociolingüística do IES Mugardos foi realizada o curso pasado (2011-12). Dos datos presentados nel extráense en resumo dúas conclusión. Por unha banda, o baixo ou nulo emprego do galego polo alumnado; e a existencia de actitudes tanto favorables á normalización coma reacias á ampliación de usos, principalmente orais.

En calquera dos casos, o ámbito académico parece ser case o único no que a lingua galega fai acto de presenza na súa vida cotiá. Por iso, malia difícil percepción de avances no pasado e o panorama sombrío de redución de axudas no futuro, a dinamización lingüística segue a ser necesaria para conseguirmos que o alumnado acade ao final do ensino obrigatorio a mesma competencia lingüística nas dúas linguas oficiais.

Ademais no próximo período, cómpre revisar ou redactar un novo Proxecto Lingüístico de Centro que integre todas as medidas e actividades relativas á aprendizaxe de linguas e a adquisición da competencia lingüística.

OBXECTIVOS

  • Conseguir a completa normalización do idioma galego na vida académica e fomentar o seu emprego como instrumento de comunicación no conxunto de actividades do IES.

  • Continuar a participación do centro no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras (seccións bilingües, CUALE, auxiliares de conversa).

  • Incorporar o centro a proxectos de intercambio lingüístico con outros países.

Liñas de actuación

  • Revisar o Proxecto Lingüítico de Centro cara un proxecto de linguas integrado.

  • Garantir que o galego sexa a lingua empregada a nivel administrativo, en todos os comunicados, documentos, páxina web...

  • Afondar nas medidas recollidas no Proxecto Lingüístico para a integración do alumnado procedente doutras comunidades.

  • Solicitar a colaboración de todos os estamentos educativos, especialmente do profesorado e a ANPA, para a participación no EDL.

  • Manter as seccións bilingües consonte o número de matricula dispoñible.

  • Publicitar a oferta de cursos de inglés CUALE.

  • Solicitar a presenza de auxiliares de conversa en lingua inglesa.

  • Estudar as posibilidades reais e trazar as liñas de actuación, xunto cos departamentos de linguas, para a participación do centro en programas europeos.

  • Apoiar ao profesorado na ampliación de coñecementos persoal e profesional e animalo a partipar en actividades de formación no estranxeiro (PIALE).



Indicadores de avaliación

  • Documentos internos: memoria do EDL.

  • Rexistro de actividades.

  • Novo estudo estatístico sobre a realidade sociolingüística do alumnado e as familias.

  • Seguemento dos datos de matrícula en CUALE e presentados ás probas da Escola Oficial de Idiomas.

  • Partipación en programas e proxectos.

  • Documentos internos: programación e memorias de departamentos didácticos e das seccións bilingües.