Familias. ANPA

Participación e decisión

Asociación "O Castro"

Acadar a participación das familias na vida escolar e colaborar coas titorías e co equipo docente é esencial no aspecto académico. Pero ademais, manter  un estreito contacto co centro e realizar un seguimento  do traballo dos fillos e fillas afianza o seu desenvolvemento persoal e social. Neste sentido, son parte imprescinble no éxito escolar.


A traxectoria  de asociacionismo de nais e pais  remóntase aos mesmos inicios do instituto.  En canto a número de socios/as, nos últimos cursos pasa por un dos seus mellores momentos grazas ao labor das súas directivas. 


A ANPA O Castro está involucrada no Consello Escolar e as súas Comisións. Axuda en actividades no centro como o magosto e participa no financiamento de actividades extraescolares para as familias asociadas e na viaxe de estudos de 4.º ESO.  Leva asemade a iniciativa no intercambio de libros de texto e e algunhas actuacións destinadas aos pais e nais do alumnado.


OBXECTIVOS

Liñas de actuación

Indicadores de avaliación


CURSO 2022-2023