Servizos complementarios

Transporte

Cafetaría 

Comedor

Reprografía

A mobilidade representa para o noso alumnado en idade de escolarización obrigatoria unha necesidade fundamental. Contamos con dúas liñas de transporte  subvencionado no concello de Mugardos. Ademais, mantense en réxime de liña metropolitana un autobús desde o concello de Ares con servizo ao instituto. Tense feito un esforzo de vixilancia e ordenamento da circulación a prol da seguridade vial na subida e baixada de viaxeiros por parte da Policía Local na contorna do centro.  

Alén destas liñas fundamentais para o instituto, cómpre demandar unha melloría no transporte metropolitano para permitirnos captar alumnado nos próximos anos.

En canto ao servizo de cafetaría, a súa adxudición pertence á Xefatura Territorial. Deben continuar acometénse todos os anos a melloras das instalacións. Malia o seu reducido tamaño, pode converterse no punto de partida para ofrecermos servizo de comedor. É unha solicitude complexa polos requirimentos que supón comezar de cero. Porén, existen unha demanda crecente das familias que debe ser estudada e atendida, na medida das posibilidades do centro en colaboración coa ANPA e o concello. 

Por último, deixamos constancia de seguir prestado o mellor servizo de reprografía coas máquinas en réxime de rénting. 

OBXECTIVOS

Liñas de actuación

Indicadores de avaliación

CURSO 2022-2023

CURSO 2021-2022