Instalacións e dotación material

Edificio e pavillón

Patio e xardín 

Mobiliario escolar

Equipamento informático

O edificio principal do instituto, inaugurado a finais do 1989,  cumprirá  proximamente  35 anos. A principal ampliación neste tempo foi no seu momento a construción do pavillón e máis recentemente o obradoiro de floristería. As instalacións gozan en xeral dun bo estado de conservación. Realízanse todos os anos obras de mantemento e reposición como os sucesivos cableados da rede de datos. As reparación recentes máis salientables foron a substitución dos motores de bombeo de combutible á caldeira da calefacción e a renovación do transformador eléctrico. Estas obra lémbranos a necesidade de mellorar a eficacia enerxética do centro.

O concepto dos espazos educativos significativos ou ambientes de aprendizaxe vai cobrar forza nos próximos anos. A necesidade de redeseñar os lugares tradicionais da aula, dos patios e zonas comúns veñen da man das correntes de renovación pedagóxica. Usos múltiples, zonas diferenciadas, espazos maker... e novas materias como robótica, realidade virtual ou as xa anunciadas de intelixencia artificial esixen a transformación das aulas e os materiais dispoñibles.

Por outra banda, tamén se debe contemplar a necesidade de transformación das zonas comúns e os patios escolares como unha axuda á mellora xeral da convivencia e fomento de hábitos saudables de lecer. Un factor de mellora importante sería a construción de novos vestiarios no pavillón para desconxestionar os xa existentes compartidos co alumnado de FP Básica.

O equipamento do centro procede da dotación da Consellería de Educación. Retíranse todos os cursos os pupitres e cadeiras en mal estado. Logo de varios anos sen renovación destes elementos, cómpre realizar novas solicitudes e asumir o custe doutros. O centro deberá seguir a como ata agora dedicando cunha partida do orzamento á adquisición de materiais didácticos solicitados  polos departamentos.  

Entre os elementos inventariables figurara tamén  totalidade do equipamento informático.  Neste sentido, deberá avaliarse a necesidade de contratar os servizos externos para o mantemento do equipamento informático. 

OBXECTIVOS

Liñas de actuación

Indicadores de avaliación

CURSO 2023-2024

Curso 2022-2023

Curso 2021-2022