Fomento da lectura

  • Biblioteca escolar

  • Hora de Ler

  • Adquisición de fondos bibliográficos e fontes documentais.

  • Plan de mellora e Clubs de lectura

  • Bibliotecas municipais

Tres son os esteos nos que nos últimos cursos se baseou a dinamización da biblioteca e as actividades da lectura:

  • Incorporación ao Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia no curso 2011-2012. Representou unha importante achega de fondos para a renovación de mobiliario e a adquisición de fondos e equipamentos, pero tamén repercutiu na programación estable de actividades.

  • Aprobación do Proxecto Lector, da que derivaron medidas como a Hora de Ler.

  • Funcionamento estable dos Clubs de Lectura.



OBXECTIVOS

  • Avanzar cara a un modelo de biblioteca como centro documental do instituto ao servizo da comunidade educativa.

  • Crear espazos e situacións para familiarizar aos nosos alumnos cos libros.

  • Revisar o Proxecto Lector de Centro a través de plans anuais de lectura, escritura e a investigación escolar.

Liñas de actuación

  • Apoiar a realización de actividades da biblioteca como a formación de usuarios, dinamización cultural e, sobre todo, a educación documental.

  • Garantir os servizos da biblioteca escolar como o préstamo, o acceso a fontes documentais e a participación en proxectos de centro.

  • Continuar coa presenza do centro no Plan de mellora das bibliotecas escolares, Clubs de Lectura e outros (obradoiros artísticos ou científicos, certames literarios e audiovisuais, campionatos de debate...)

  • Manter un grupo de apoio á Biblioteca con presenza de profesorado interdisciplinar.

  • Incrementar a participación do profesorado nas actividades de formación encamiñadas nesta liña de renovación pedagóxica.

  • Crear espazos e situacións para familiarizar aos nosos alumnos coa lectura e os libros: falar deles e manexalos, na aula e na biblioteca escolar.

  • Facer partícipe ás familias da importancia da lectura. Implicar aos pais e nais na posible prestación de servizos bibliotecarios como a apertura pola tarde.

  • Avaliar periodicamente a HORA DE LER.

  • Colaborar coas bibliotecas municipais con actividades e intercambio de información (guías de lectura...) e actividades que redunden en beneficio da comunidade educativa.

Indicadores de avaliación

  • Documentos internos: memoria da biblioteca e clubs de lectura.

  • Rexistro de actividades.

  • Enquisas sobre a Hora de Ler.

  • Datos do programa Meiga de xestión bibliotecaria: número de préstamos, devolucións...