Candidato



Traxectoria e motivacións

Acabo de cumprir o sétimo trienio de servizo administrativo docente. Tras varios centros nas catro delegacións territoriais que me permitiron vivir e coñecer Galicia desde Ourense ata Betanzos e desde Vilanova de Arousa ata Ribadeo, obtiven o primeiro destino definitivo no IES Castro de Baronceli (Verín).  Fun titor académico de varios grupos ESO e membro e coordinador de varios equipos que conseguiron a aprobación do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares en tres centros diferentes.

No curso 2010-2011 obtiven o segundo destino definitivo, e ata o momento último, no IES Mugardos. Lembro con agrado a titoría dun grupo  denominado daquela PCPI e a coordinación do Grupos de Traballo centrado na redacción inicial do Plan de Mellora e posta en marcha do proxecto lector coa Hora de Ler e os Clubs de Lectura entre outras medidas.

Xa ao curso seguinte asumín o cargo de vicedirector no equipo da directora Covadonga Rodríguez-Moldes. Entre outras tarefas, dese período saliento a actualización da páxina web do centro e a organización da conmemoración do 25 aniversario. 

Presentei voluntariamente o primeiro proxecto de dirección para o período 2013-2017, e renovei a solicitude para o 2017-2021. Nestes oito anos os principais retos profesionais viñeron dados pola necesidade de afrontar a forte crise económica da década, a implantación da LOMCE e o contexto da covid-19. 

Equipo

Vicedirección

Miguel García Valencia (2021-...)

Begoña María Gómez Díaz (2019 - 2021)

Francisco Canoura Quintana (2016-2019)

Ofelia Lubián Dubra (2013-2016)


Secretaría

Julio Otero Feijóo (2023-...)

Rafael Lago Santamaría (2013 -2023)

Xefatura de estudos

Miguel Poncela Castelo (2022-...)

María Calvo Rodríguez (2021-2022)

David Martínez Millán  (2016 - 2021)

María Luz Pardo Oroso (2013 - 2019)

Xefatura de estudos de adultos

Víctor Fresco Barbeito (2021-2022)

José Luis Mayobre Antón  (2019 - 2021)

Jesús Conde Lourido (2013 - 2019)