Xestión económica

Orzamentos

Como centro de ensino público, os fondos económicos proceden na súa práctica totalidade da Consellería de Educación. Aínda que nas contan veñan figuando algúns ingresos derivados de servizos e produtos prestados polo centro, son cantidades pequenas. Por exemplo, salientamos polo ser carácter especial para o centro, as vendas de arranxos florais.

O sistema de reparto dos fondos por departamentos vénse realizando segundo as necesidades para cada unha das actividades ou adquisicións solicitadas.


OBXECTIVOS

  • Manter as contas equilibradas.

  • Garantir un remanente de aforro para imprevistos e obras.

  • Reparto distributivo segundo necesidades dos departamentos.

Liñas de actuación

  • Atención ás necesidades de adquisición de bens e servizos solicitados polos departamentos.

  • Continuidade de financiamento compartido das saídas escolares.

  • Contrato de aluguer ou renting de fotocopiadoras.

  • Contratación de servizos externos segundo a súa necesidade: mantemento informático.

  • Inventariar regularmente os bens.

Indicadores de avaliación

  • Orzamentos e contas anuais.