Obxectivos

  • Velar pola equidade e igualdade de oportunidades do noso alumnado.

  • Lograr medidas e servizos de axuda e conciliación familiar: comedor, clases de apoio...

  • Aproveitar a autonomía de centro dentro do novo marco normativo.

  • Incorporar o Bacharelato Xeral da LOMLOE.

  • Garantir a seguridade e integridade física para as persoas dentro do recinto escolar.

  • Modernizar o edificio e as instalacións deportivas.

  • Adecuar os espazos acorde as novas necesidades. pedagóxicas para usos múltiples, ensino colaborativo, proxectos...

  • Conseguir espazos agradables para a concentración e o estudo.

  • Mellorar a eficiencia enerxética do centro.

  • Publicitar as ensinanzas impartidas no centro, especialmente a Educación Secundaria de adultos e a FP Básica.

  • Acadar medidas e servizos de axuda e conciliación familiar: comedor, clases de apoio...

  • Velar pola seguridade dos usuarios do servizo de transporte e do acceso ao instituto en xeral.

  • Incentivar o estudo e a confianza no proceso de aprendizaxe en todo o proceso ensino-aprendizaxe.

  • Atender adecuadamente a diversidade do alumnado.

  • Reducir as diferenzas de resultados e expectativas académicas por sexos.

  • Fomentar a participación do alumnado na vida do centro.

  • Potenciar os órganos de participación e desenvolver todo o posible a súa capacidade de decisión e asunción de responsabilidades compartidas.

  • Apoiar a participación do profesorado en proxectos, grupos de traballo e programas de mellora.

  • Procurar as mellores condicións e medios de traballo necesarios para a realización das tarefas do persoal de administración e servizos

  • Implicar os pais e nais na aprendizaxe eficaz dos seus fillos e fillas.

  • Estimular a titoría de pais e nais co profesorado.

  • Fomentar a participación das familias na vida do centro.

  • Intensificar as relacións exteriores, en especial coas institucións municipais.

  • Aumentar a incidencia das actividades do centro na vida sociocultural da comarca.

  • Mellorar a coordinación horizontal do profesorado dos diferentes grupos e niveis.

  • Racionalizar baixo criterios pedagóxicos a elaboración dos horarios anuais para axudar a mellorar a atención e o rendemento do alumnado.

  • Impulsar as actuacións do Plan de Acción Titorial.

  • Coordinar as saídas e excursións con obxectivos formativos e fixar uns criterios aceptables en canto á súa temporización, duración e avaliación.

  • Facer o posible para que exista unha vía cultural, deportiva e informativa que axude a neutralizar a rutina do curso académico.

  • Manter as contas equilibradas.

  • Garantir un remanente de aforro para imprevistos e obras.

  • Reparto distributivo segundo necesidades dos departamentos.

  • Revisión e actualización dos documentos de centro.

  • Aumentar o nivel de transparencia e o acceso á información da comunidade educativa.

  • Conseguir a completa normalización do idioma galego na vida académica e fomentar o seu emprego como instrumento de comunicación no conxunto de actividades do IES.

  • Continuar a participación do centro no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras (seccións bilingües, CUALE, auxiliares de conversa).

  • Incorporar o centro a proxectos de intercambio lingüístico con outros países.

  • Lograr unha dotación axeitada de recursos informáticos e de material didáctico de nova xeración no centro.

  • Potenciar o emprego das novas tecnoloxías na aula, na xestión e na comunicación con toda a comunidade educativa.

  • Avaliar o Plan TIC e garantir a súa continuidade.

  • Posta en marcha anual dun Plan Deportivo de Centro.

...