Liñas de actuación

As seguintes liñas fundamentais de actuación baséanse en diferentes fontes documentais como as Programacións Xerais de Centro (PXA), as memorias finais de curso ou os plans de mellora realizados de xeito salientable polos departamentos didácticos. A súa recompilación en catro grandes áreas é só unha forma de sintetizar o amplo abano de actuacións en que está implicados todos os sectores do centro. En todos eles xa se veñen desenvolvendo accións desde hai tempo , nuns cumpriranse os obxectivos marcados e noutros serán unha tarefa permanente.

Os retos dos próximos anos poscovid serán xestionar na nosa pequena escala as consecuencias da crise demográfica, económica e medioambiental. Asemade, adaptarse aos cambios lexislativos (LOMLOE). E o máis importante, propiciar un cambio pedagóxico profundo na liña do Espazo Europeo da Educación 20-25: aprendizaxe competencial, dixitalización e educación inclusiva.

  • Contexto socieconomico

  • Instalacións e materiais

  • Oferta educativa

  • Servizos complementarios

  • Alumnado

  • Profesorado

  • Familias. ANPA

  • Persoal non docente

  • Relacións coa contora


  • Atención á diversidade

  • Convivencia e igualdade

  • Coordinación pedagóxica

  • Xestión económica

  • Actividades complementarias e extraescolares

  • Documentación de centro

  • Igualdade

  • Fomento da lectura

  • Plurilingüismo

  • TIC-TAC

  • Actividade física e hábitos saudables

  • Artes, ciencia e emprendemento

  • Educación medioambiental