Relacións coa contorna

Concellos e servizos municipais

Entidades deportivas

Ámbito de influencia

Nos ámbito da educación formal cada vez son máis frecuentes as relacións con institucións e outras entidades de todo tipo. Desde os principios da Carta das Cidades Educadoras (Barcelona, 1990), ata as intervencións das ONG ou iniciativas empresariais veñen declarando á vontade de participar cos centros de ensino.

O IES Mugardos recibe colaboracións regularmente dos seguintes organismos:

  • Concello de Mugardos e Concello de Ares, a través de varias concellarías e servizos municipais como Servizos Sociais ou a Policia Local.

  • Empresas locais colaboradoras do ciclo de FP Básica.

  • Clubs deportivos, en especial cos premios Estudo e Deporte...

  • Garda Civil nas charlas do Plan Director da Convivencia.

  • Universidades da Coruña (UDC) e de Santiago (USC) en programas de orientación e algún Máster de formación do profesorado.

  • ONG e asociacións profesionais.

Neste sentido cómpre ter en conta especialmente as institucións culturais mais próximas como o Centro de Interpretación do Xacemento do Caldoval e as bibliotecas municipais de Ares e Mugardos, esta última coa boa nova dun futuro edificio e maiores prestacións aos usuarios. Tamén é importante salientar a importancia das entidades deportivas ás que o centro recoñece como axentes educativos fundamentais para todo o alumnado nalgún momento da súa traxectoria escolar.

Igualmente os centros educativos realizan un retorno á sociedade enriquecendo a vida cultural da súa contorna. O seu ámbito de influencia pode amplificarse máis alá das familias do alumnado e máis alá dos límites municipais ata acadarmos certa proxección na comarca de Ferrolterra... e máis alá.

OBXECTIVOS

  • Intensificar as relacións exteriores, en especial coas institucións municipais.

  • Aumentar a incidencia das actividades do centro na vida sociocultural da comarca.


Liñas de actuación

  • Estreitar os lazos con todos os servizos municipais.

  • Procurar o apoio e colaboración das institucións culturais (bibliotecas) e deportivas.

  • Manter o contacto co tecido empresarial para o ciclo FP Básica en concreto, e a orientación laboral e profesional en xerla.

  • Ampliar a colaboración cos clubs deportivos da contorna para os premios Estudo e Deporte e outras accións conxuntas.

Indicadores de avaliación

  • Rexitro de actividades.

  • Documentos internos: memoria de vicedirección...

  • Acordos asinados.