Plan Deportivo de Centro
A promoción da actividade física e dos valores do deporte é a mellor prevención contra o sedentarismo, os transtornos da alimentación e outros males da sociedade contemporánea. A educación de hábitos saudables ten un amplo campo de actividade dos cales os centros de ensino non debemos quedar á marxe.
O IES Mugardos vén realizando curso a curso unha programación realista de actividades deportivas que deben desembocar na redacción e aprobación dun Plan Deportivo de Centro. Existen no entorno numerosas entidades e clubs dispostas a estreitar a colaboración co instituto.
Posta en marcha anual dun Plan Deportivo de Centro.
Participación en proxectos como Xogade, Deporte Escolar, xogos tradicionais...
Promover actividades deportivas nos recreos.
Promoción das actividades entre a comunidade educativa.
Ampliar a colaboración cos clubs deportivos do entorno e os servizos municipais de deporte.
Dar continuidade aos premios Estudo e Deporte.
Memorias anuais.
Participación en actividades.
Curso 2021-2022
Plan Proxecta: proxecto de vida activa e deportiva. Ver Memoria.
Recreos activos: campionatos
Adquisición dunha mesa de pin-pon e unha rede de volei para a pista exterior.