Avaliación



A avaliación debe ser coherente con este propio proxecto e fiable para ser tomada como referente na avaliación final do director e do seu equipo. Porén, non se considera simplemente unha fase final. A avaliación enténdese como un elemento dinamizador de toda a actividade do centro durante o período de mandato da dirección.


En primeiro lugar establecemos os axentes que participan neste proceso:

  • Avaliacion interna. Corresponde ao equipo directivo, nas sesións que se realizan todas as semanas e polo menos ao final de cada trimestre, analizar o cumprimento das actuacións programadas. Ademais, redactarase un informe que inclúe a valoración da acción directiva e que se engade á memoria final remitida á Inspección.

  • Avaliación participativa. Todos os sectores da comunidade educativa teñen voz no seguemento do proxecto directivo. En especial os órganos de goberno e coodinación achegan datos e valoracións de xeito continuado.
    O Consello Escolar ten competencias na aprobación e revisión das actuacións do equipo directivo. O Claustro canaliza boa parte das achegas do profesorado. Os Departamentos avalían resultados, logros, dificultades e xeran propostas de mellora a través das memorias e os xefes de departamento a través da Comisión de Coordinación Pedagóxica. As xuntas de delegados tamén recollen as aportacións do alumnado. A ANPA transmite numerosa información e inquietudes das familias a través das reunións mensuais coa dirección e a súa participación na vida académica.
    Tamén corresponde á administración a través da Inspección avaliar e facer un seguimento do proceso e da dirección do centro.

En segundo lugar, citamos algúns dos mecanismos ou procementos de avaliación:

  • Enquisas de valoración. Os procedementos informáticos axilizaron enormente o procesamento de datos estatísticos e permiten chegar na actualidade a amplos sectores da comunidade.

  • Grupos de debate. Ininstrumento para a recollida de datos e información baseada nos argumentos empregados no debate entre un grupo relevante.

  • Documentos internos. Existen avaliacións nas memorias finais dos departamentos, análises de xefatura de estudos, informes de dirección sobre os resultados académicos e outros como o do Observatorio da Convivencia.

  • Rexistros de actividades, obras, etcétera.

  • Buzón de Suxestións, Queixas e Reclamacións (SQR).

Por último, na declaración das liñas de actuación para acadar os obxectivos propostos, reflictense os indicadores de avaliación.