TIC e dixitalización

Aula de Informática

Educación dixital

Plan TIC

A adaptación do centro ás novas tecnoloxías ten sido unha prioridade ao longo dos últimos anos. Acadamos unha ampla dotación de equipos en todas as aulas, catro delas dentro da rede Edixgal. Asemade, mantense actualizada a Aula de Informática e tamén existen ordenadores a disposición do profesorado na Sala de Profesores e portátiles Edixgal, e do alumnado na Biblioteca.


Con todo, as necesidades de modernización e prestación de servizos (wifi, impresión) sempre van por diante. En diferentes foros como claustro ou a xunta de delegados/as, téñense declarado as seguintes carencias ou demandas:

  • Necesidade de labores de mantemento e reparación para o funcionamento cotián.

  • Solucionar os problemas de conectividade.

  • Creación dunha segunda Aula de Informática.

  • Volcado de documentos e impresos na páxina web.

  • Formación constante sobre uso e riscos de internet para adolescentes e familias.


OBXECTIVOS

  • Lograr unha dotación axeitada de recursos informáticos e de material didáctico de nova xeración no centro.

  • Potenciar o emprego das novas tecnoloxías na aula, na xestión e na comunicación con toda a comunidade educativa.

  • Avaliar o Plan TIC e garantir a súa continuidade.

Liñas de actuación

  • Ampliar a participación en programas de dixitalización e educación dixital: espazoAbalar, E-dixgal...

  • Estudar a viabilidade da contratación externa do servizo de reparación e mantemento.

  • Actualización do equipamento por vías oficiais e fondos propios.

  • Estimular o emprego docente de ferramentas informáticas institucionais (Webs dinámicas, EspazoAbalar) e software libre.

  • Actualización periódica de contidos da páxina web do centro e aproveitamento da Aula Virtual.

  • Fomento da comuniación e expresión audiovisual: edición de vídeo e radio.

  • Apoio á introdución no currículo de materias tecnolóxicas como robótica ou programación.

  • Incluír a formación nesta materia na programación de actividades complementarias do alumnado e ampliar a oferta de charlas ás familias coa colaboración da ANPA.

Indicadores de avaliación

  • Obras e adquisición de materiais reflexados nas contas.

  • Documentos internos: memoria de departamentos, informes do proxecto Abalar.

  • Rexistro de actividades.

  • Seguimento da páxina web, aula virtual e redes sociais.


Curso 2021-2022

  • Grupo de Traballo para a redacción e aprobación do Plan Dixital. Ver Documento

  • Adquisición e instalación de pantalla dixital no laboratorio de Física.

  • Mantemento da páxina web.

  • Administración da aula virtual Moodle.

  • Mantemento da Canle YouTube.