Igualdade de mulleres e homes

Plan de igualdade


As directrices do proxecto de dirección establecen que deberá incluír contidos en materia de igualdade entre mulleres e homes, non discriminación e prevención da violencia de xénero. Neste apartado cómpre remitirse á Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. Os artigos 9 (O currículo regulador do sistema educativo) e 10 (Erradicación de prexuízos nos centros docentes) recollen expresamente cales han de ser as liñas de actuación. Todos eles están recollidos no Plan de Igualdade do centro.


Debemos facer mención á existencia dunha comisión de igualdade no seo do Consello Escolar. Do mesmo xeito, existe o compromiso expresado, por exemplo, na sinatura dos contratos-programa con actacións neste ámbito.

OBXECTIVOS

  • Cumprimento explícito da Lei galega para a igualdade de mulleres e homes.


Liñas de actuación

  • O enriquecemento do contido curricular coas contribucións ao coñecemento humano realizadas polas mulleres no pasado e no presente, e co axeitado reflexo do papel das mulleres na evolución histórica.

  • Incluír a adquisición, en alumnos e alumnas, dos coñecementos para atenderen as propias necesidades domésticas e os labores familiares compartidos.

  • Adoptar as medidas de corrección ou sanción ante calquera situación no centro de desigualdades entre alumnos e alumnas sustentadas en crenzas, prexuízos, tradicións ou prácticas consuetudinarias transmisoras, directa ou indirectamente, dunha distribución estereotipada de papeis entre os sexos ou dunha imaxe de dominación dun sexo sobre o outro en calquera ámbito da vida.


Indicadores de avaliación

  • Informe do Observatorio da Convivencia.

  • Reunións da Comisión de Igualdade.

  • Memorias de Xefatura de Estudos, Orientación e departamentos didácticos.