Coordinación e planificación pedagóxica

Órganos de goberno

Reunións docentes

Acción titorial

Como centro de traballo, o funcionamento do IES require a a planificación dos horarios e posibilidades de reunión dos seus integrantes. O primeiro adoita considerarse un dos momentos máis delicados, do que dependen grandes e pequenas consecuencias futuras, ás veces imprevisibles. A vontade de reparto equitativo da carga de traballo entre o profesorado debe conxugarse coa optimización do esforzo do alumnado ao longo da xornada escolar.


En canto ás reunións de coordinación entre os diferentes estamentos educativos, estes son os que se veñen realizando no centro:

  • Reunións semanais: departamentos, coordinación do equipo directivo, coordinación de titorías con Orientación.

  • Reunións mensuais: Comisión de Coordinación Pedagóxica, reunión da directiva coa ANPA,

  • Reunións trimestrais: xuntas de avaliación, claustro, Consello Escolar, comisión de convivencia, reunión colectiva dos titores cos pais e nais, xunta de delegados, coordinación cos centros adscritos

  • Outras: Claustros e Consellos Escolares extraordinarios, Consello Escolar Municipal,

Dúas son as carencias reiteradas nesta planificación tradicional. Por unha banda, as sesións de coordinación por grupos e niveis, fóra das preceptivas xuntas de avaliación, que sirvan de canle de comunicación entre o profesorado. E, por outra, a coordinación en temas relacionados co currículo de diferentes materias.


O titor/a é unha figura clave na actual organización escolar. Asume numerosas responsabilidades en todos os campos de relación co alumnado, coas familias e co equipo docente. É unha tarefa que demanda experiencia profesional, coñecemento da cultura organizativa do instituto e non poucas doses de tranquilidade vital e sentido común. Recibe a cambio pouco recoñecemento nas condicións laborais.


Daquela, estamos convencidos de que potenciando a figura do titor/a redunda na mellora da orde, a convivencia, a atención ao alumnado e o seu rendemento escolar.


OBXECTIVOS

  • Mellorar a coordinación horizontal do profesorado dos diferentes grupos e niveis.

  • Racionalizar baixo criterios pedagóxicos a elaboración dos horarios anuais para axudar a mellorar a atención e o rendemento do alumnado.

  • Impulsar as actuacións do Plan de Acción Titorial.

Liñas de actuación

  • Contemplar a posibilidade de reunións de equipos educativos por nivel, polo menos para o primeiro ciclo da ESO, ademais de consolidar as que xa se veñen realizando no centro.

  • Definir e aplicar procedementos de coordinación docente que redunden no mellor desenvolvemento da actividade educativa.

  • Desenvolver planos de traballo específicos para o mellor funcionamento do centro.

  • Sistemantizar as actividades co alumnado desde a recepción dos alumnos, a planificación xeral das sesión de titoría, o control da disciplina e do absentismo e seguimento académico.

  • Aproveitar todas as de vías de comunicación coas familias: axenda do estudante, blogs e, sobre todo, as reunións colectivas dos titores cos pais e nais polo menos dúas veces ao curso.

  • Fomentar e apoiar a convocatoria por parte dos/as titores/as de reunións do profesorado para analizar os problemas específicos e a evolución dos seus grupos.

  • Priorizar a asignación de titorías ao profesorado con destino definitivo no Centro, mantendo os criterios de rotación e incompatibilidade con outras responsabilidades cando as necesidades do servizo o permitan.

Indicadores de avaliación

  • Convocatoria de reunións profesionais e de coordinación.

  • Satisfacción cos horarios e condicións de traballo no centro.

  • Documentos internos: programacións, memorias...