Servizos complementarios
Transporte
Cafetaría
Comedor
Reprografía
A mobilidade representa para o noso alumnado en idade de escolarización obrigatoria unha necesidade fundamental. Contamos con dúas liñas de transporte subvencionado no concello de Mugardos. Ademais, mantense en réxime de liña metropolitana un autobús desde o concello de Ares con servizo ao instituto. Tense feito un esforzo de vixilancia e ordenamento da circulación a prol da seguridade vial na subida e baixada de viaxeiros por parte da Policía Local na contorna do centro.
Alén destas liñas fundamentais para o instituto, cómpre demandar unha melloría no transporte metropolitano para permitirnos captar alumnado nos próximos anos.
En canto ao servizo de cafetaría, a súa adxudición pertence á Xefatura Territorial. Deben continuar acometénse todos os anos a melloras das instalacións. Malia o seu reducido tamaño, pode converterse no punto de partida para ofrecermos servizo de comedor. É unha solicitude complexa polos requirimentos que supón comezar de cero. Porén, existen unha demanda crecente das familias que debe ser estudada e atendida, na medida das posibilidades do centro en colaboración coa ANPA e o concello.
Por último, deixamos constancia de seguir prestado o mellor servizo de reprografía coas máquinas en réxime de rénting.
OBXECTIVOS
Acadar medidas e servizos de axuda e conciciliación familiar: comedor, clases de apoio...
Velar pola seguridade dos usuarios do servizo de transporte e do acceso ao instituto en xeral.
Liñas de actuación
Colaboración coa Policía Local para o regulamento da seguridade vial e a mellora do acceso ao instituto.
Actualizar segundo as necesidades dos usuarios a localización das paradas de transporte.
Demandar a mellora constante do transporte metropolitano.
Mellorar as instalacións da cafetaría, cociña e almacén.
Colaborar coa concesión do servizo de cafetaría para promover hábitos de consumo responsable e dieta equilibrada.
Traballar pola implantación de servizo de comedor.
Conxelar os prezos por fotocopia e dos servizos de reprografía.
Publicitar todos os servizos de reprografía e en especial a impresión dixital.
Indicadores de avaliación
Informes de usuarios e usuarias do servizo de transporte escolar.
Adxudicación anual do servizo de cafetaría.
Índices de consumo de fotocopias. Facturación mensual do renting.
CURSO 2022-2023
Prórroga por Xefatura Territorial da concesión da cafetaría. Autorización para a suba de prezos na cafetaría.
Ampliación do servizo dixital da conserxaría: solicitude de fotocopias por correo electrónico.
Cambio dunha fotocopiadora cun novo rénting.
CURSO 2021-2022
Axdicación da concesión de cafetaría pola Xefatura Territorial.
Cambio na concesión do transporte escolar: nova empresa UTE Hércules (Monbús)
Mantemento dos prezos de reprografía.