Pandeirada

Hoxe na vila temos a feira

Tódolos mozos buscan compañeira

Veñen facendo á súa maneira

Baila rapaza que ti eres solteira

Brazos ó vento, meu pensamento

é que non deixes de pandeirar

Pásase o tempo, non teño diñeiro

Todo deixeino bebendo ribeiro

Vai ter que ser que me fíe o tendeiro

Hoxe só quero escoitar o pandeiro.

Miña rapaza está namorada

Moza non deixes de pandeirar

Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)

Aínda vén xente polo camiño

Vanse sumando a bailar cos veciños

As rapaciñas levan o viño

Vanlle ofrecendo o seu son ós veciños

Brazos ó vento, meu pensamento

é que non deixes de pandeirar.

Fuxen do mundo as miñas peniñas

Cando se move miña rapaciña

E o amoriño que ela me tiña

Vaise facendo como a vida miña.

Miña rapaza está namorada

Moza non deixes de pandeirar

Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)

O tren vai andando pasiño a pasiño

Pra San Antón xa temos camiño

E que xeitoso foise o corpiño

Seica tamén bailaba o meniño.

Pra que non sofras máis de soidade

Pra que non teñas máis de saudade

Hoxe na vila temos a feira

Tódolos mozos bucan compañeira

Veñen facendo á súa maneira

Baila rapaza que ti eres solteira

Brazos ó vento, meu pensamento

é que non deixes de pandeirar

Vai, vén, vai e vén e baila do dereito e do revés (bis)

Tradueix a: català

Font: Musixmatch

Compositors: Andres Lapique Dobarro