Adiós ríos, adiós fontes

calidad:

Adiós ríos, adiós fontes Rosalía de Castro (1837-1885)

AUTOR: Amancio Prada

ALBUM: desconocido

ampr0012

Enviado por Santi

Acordes:

LA RE MI LAm REm

LA Adiós, ríos; adiós fontes;

RE MI adiós, regatos pequenos;

RE adiós, vista dos meus ollos,

MI LA non sei cando nos veremos.

LA Miña terra, miña terra,

RE MI terra donde me eu criey,

RE hortiña que quero tanto

MI LA figueiriñas que prantey,

LA prados, ríos, arboredas,

RE MI pinares que move o vento,

RE paxariños piadores,

MI LA casiña do meu contento,

LA muíño dos castañares,

RE MI noites craras de luar,

RE campaniñas trimbadoras

MI LA da igrexiña do lugar,

LA amoriñas das silveiras

RE MI que eu lle daba ó meu amor,

RE camiñiños antre o millo,

MI LA ¡adiós, para sempre adiós!

LA MI LA RE MI LA

LA ¡Adiós groria! ¡adiós contento!

RE MI ¡Deixo a casa onde nacín,

RE deixo a aldea que conoço

MI LA por un mundo que non vin!

LA Deixo amigos por estraños,

RE MI deixo a veiga polo mar,

RE deixo, en fin, canto ben quero...

MI LA ¡Quén pudera non deixar...!

LAm Adiós, adiós, que me vou,

REm MI herbiñas do camposanto,

REm donde meu pay se enterróu,

LAm MI LAm herbiñas que biquey tanto,

LA terriña que nos crióu.

LA MI LA RE MI LA

LA Xa se oyen lonxe, moy lonxe,

RE MI as campanas do Pomar;

RE para min, ¡ay !, coitadiño,

MI LA nunca máis han de tocar.

LAm Xa se oyen lonxe, máis lonxe...

REm MI Cada balada é un dolor ;

REm voume soyo, sin arrimo...

MI LAm Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

LA ¡Adiós tamén, queridiña...!

RE MI ¡Adiós por sempre quizáis...!

RE Dígoche este adiós chorando

MI LA dende a beiriña do mar.

LA Non me olvides, queridiña,

RE MI si morro de soidás...

RE Tantas légoas mar adentro..

MI LA ¡Miña casiña! ¡meu lar!

LA Adiós, ríos; adiós fontes;

RE MI adiós, regatos pequenos;

RE adiós, vista dos meus ollos,

MI LA non sei cando nos veremos.

LA MI LA RE MI LA Non sei cando nos veremos. Rosalía de Castro (1837-1885)