20

Conxuncións e

locucións conxuntivas

20.1. Copulativas

E. En parte do dominio lingüístico galego a conxunción copulativa e ten dúas realizacións fonéticas, [ɛ] e [j]. Aparece [ɛ] sempre ante consoante, e [j] pode aparecer ante vogal, provocando xeralmente a abertura desta. No resto do galego a única realización é [ɛ], por iso se propón e como representación gráfica única.

Nin (Vide 18.6).

20.2. Disxuntivas e distributivas

20.3. Adversativas

Pero, mais, porén. No galego moderno rexístranse as formas peró (no leste de Lugo e no galego de Asturias),pero epro, estas dúas últimas por todas as partes no resto do dominio galego. O antigo pero (que debía de ser case sempre peró) é forma amplamente documentada no galego medieval xa co valor que ten modernamente, e con algún máis, que perdeu. A forma peró do galego actual é a máis próxima á etimolóxica (< per hoc); dela resulta a forma sincopada pro. A forma pero explícase por un troco do índice de perceptibilidade das dúas sílabas ao deixar de ter usos como partícula adversativa tónica. Cf. tamén un caso similar en porque, conque. Normativamente prefírese a forma plena e maioritaria pero.

Ademais, no galego actual teñen certo uso, sobre todo como formas literarias, as conxuncións mais e porén, de escasa presenza nos rexistros colo­quiais. Estas dúas formas considéranse normativamente admisibles a carón da máis usual pero.

20.4. Concesivas

20.5. Condicionais

20.6. Causais

20.7. Consecutivas

20.8. Finais

20.9. Locativas

20.10. Temporais

Mentres (Para a terminación -es, vide 18.2).

20.11. Modais

20.12. Comparativas

20.13. Completivas

+ Maximiza/Descarga (Formato DOCS)

20-Conxuncións e locucións conxuntivas.docx

+ Maximiza/Descarga (Formato PDF)

20-Conxuncións e locucións conxuntivas.pdf