16

Numerais

16.1. Cardinais

Entre as variantes dezaseis e dazaseis, dezasete e dazasete etc., as dúas con moita presenza na fala, escolleuse a primeira por manter claramente a vinculación con dez; con respecto ao a da segunda sílaba, cómpre indicar que non se trata, como puidera pensarse, dunha alteración fonética do e copulativo senón dun resto da conxunción latina AC.99

Para a forma corenta, vide 10.1.

As formas sasenta, satenta, de ampla representación na lingua falada, aparecen xa documentadas na época medieval. A escolla como normativas das variantes sesenta e setenta, máis próximas das etimolóxicas, débese a que se vinculan claramente a seis e sete.

As formas antigas duzentos e trezentos na lingua moderna foron substituídas polas máis transparentes douscentos e trescentos.

Cando os numerais vinte, trinta, corenta..., noventa van seguidos da conxunción e, contraen na pronunciación a súa vogal final coa conxunción e nunha realización [ɛ]: vinte e sete ['bintɛ'sɛte], trinta e dúas ['trintɛ'đuas], oitenta e catro [oj'tɛntɛ'katro].

Cento, millón, billón, trillón, aínda que expresan número, funcionan como substantivos, igual que ducia, decena, centena.

Os numerais un, unha, cando son adxectivos, contraen con de, en e con, da mesma maneira ca os artigos indeterminados (vide 14.2.2.). Pola contra, cando son pronominais, normalmente contraen coas preposicións en e de, pero non coa preposición con, da mesma maneira ca o indefinido un(s), unha(s): equivocouse nunha ou en dúas respostas; con unha xa me abonda.

16.2. Ordinais

Todas estas formas admiten morfemas de xénero e número, que nas formas compostas só se unen ao último elemento (décimo primeira).

16.3. Multiplicativos

Os restantes fórmanse mediante o cardinal correspondente seguido da palabra veces.

16.4. Partitivos

Nótese que a partir de 1/11 (e exceptuados 1/100, 1/1000, 1/1.000.000) o partitivo faise engadindo ao cardinal o sufixo -avo: (1/16) un dezaseisavo, (2/29) dous vinte e noveavos, (7/345) sete trescentos corenta e cincoavos.

Metade, aínda que expresa fracción, é un substantivo.

A forma medio, calquera que sexa a función que desempeñe (substantivo, adxectivo ou adverbio), é maioritaria en galego moderno. No galego antigo, á parte de meogo ou meiogo lugar medio ou central dun espazo’ (˜eno meogo da eigreja), rexístranse as formas populares meo e meio, que tiñan principalmente valor numeral. Tamén se rexistra, xa desde mediados do século XIII, o cultismo médeo, medio, perfectamente intercambiable con meo ~ meio.

A forma culta acabou triunfando de maneira definitiva, polo cal debe ser consagrada como única normativa. Consecuentemente, tamén os antigos meão, mear, meados etc. foron substituídos por mediano, mediar, mediados etc.; á parte están os cultismos do tipo mediante, mediación etc., que nunca tiveron forma popular previa.

+ Maximiza/Descarga (Formato DOCS)

16-Numerais.docx

+ Maximiza/Descarga (Formato PDF)

16-Numerais.pdf