18

Adverbios

18.1. De lugar

Aquí, alí. As dúas formas conviven no galego actual con aiquí, ailí; eiquí, eilí; e mesmo equí, elí (con [ɛ]). No galego antigo non se documentan senón as formas que empezan por a-. Por seren as tradicionais e maioritarias e por manteren o paralelismo con outras palabras semántica e etimoloxicamente afíns (da familia dos deícticos: aquel; acá, alá; acó, aló), débese dar prefe­rencia a aquí e alí. No galego moderno entrou a formar parte da serie tamén , realizada ás veces [ɛ’i]; normativamente non cabe tampouco senón . As palabras compostas con algún dos elementos anteriores deben ser consecuentes coas escollas mencionadas: velaquí, velaí.

Aí. No galego antigo era i, grafado ás veces hi (como u ~ hu) ou y. Seman­ticamente o seu valor era o dun derivado pronominal, máis amplo ca o do actual , similar ao y do francés moderno. O a- protético foi gañado polo paralelismo con aquí e alí, que o teñen etimolóxico. O -h- con que se viña escribindo non tiña senón unha xustificación diacrítica. O uso do acento permite diferenciar de ai, co cal resulta redundante e inxustificado o uso castelanizante do -h-.

Preto. No galego moderno non se rexistra senón preto, que ten unicamente valor adverbial (sinónimo de cerca). No galego antigo documéntase preto maio­ritariamente, tanto con valor adverbial (‘cerca’), coma adxectivo (‘negro’); hai tamén algún testemuño escaso de perto. En portugués, a través dunha especialización fonético-semántica, viven as dúas formas: perto ‘cerca’ e preto ‘negro’.

Normativamente non cabe escoller senón preto, por ser practicamente forma tradicional e por ser case a única representada na fala de hoxe.

U. Este adverbio interrogativo só se usa seguido de artigo determinado ou formas átonas do pronome persoal de 3a persoa en enunciados sen verbo: u-lo meu sombreiro?; tráeme a chaqueta, e ula? Pero non *ulos puxeches?

18.2. De tempo

Antonte. É a forma maioritaria en Galicia para designar ‘o día antes de onte’. Para este mesmo concepto rexístranse na fala actual nantronte (que pre­domina na provincia de Pontevedra) e noutronte, antronte, antontes, antointe, antoite etc., en puntos illados. As formas antonte, antontes, antointe, antoite e noutronte son aínda de formación transparente; nantronte e antronte son o resultado dun cruzamento entre antonte e noutronte.

Normativamente debe ser preferida (á parte da forma analítica antes de onte) a forma maioritaria e máis próxima á orixinaria: antonte.

Consecuentemente, para ‘o día antes de antonte’, ademais de trasantonte, recoméndanse as formas analíticas antes de antonte e o outro antonte, de uso tan frecuente coma a forma sintética.

Despois. É a forma maioritaria no galego moderno xunto coa súa variante fonética dispois; escasamente documentadas están dempois, despós, despous (e dispous). No galego antigo, ao lado de pois ‘despois’, había depois, despois, depós, depus e despós, documentadas todas desde as orixes do idioma.

Normativamente só cabe escoller despois.

Aínda, inda. No galego actual rexístranse as dúas variantes en proporcións case iguais, mesmo a nivel individual. A aparición dunha ou da outra depende do ritmo da frase. Ambas as formas (amais de eínda) están documen­tadas desde os textos do século XIII. Normativamente son aceptables inda e aínda como absolutamente sinónimas.

Mentres. No galego moderno rexístranse moi abundantemente, case a partes iguais, mentres e mentras; con frecuencia aparece mentes, e de modo moi esporádico namentres, entrementres, namentes, entrementes, enmentres, namentras, entramentras, mentramentras. No galego antigo predomina mentre sobre mentres, enmentre, enmentres; non hai formas acabadas en -a(s).

Normativamente deben excluírse todas as formas en -as; entre as restan­tes debe darse preferencia a mentres e ás acabadas en -mentres, que son as tra­dicionais.

18.3. De cantidade e precisión

18.4. De modo

Adverbios en -mente. Os adverbios de modo constitúen unha serie aber­ta. Moitos adxectivos inmobilizados na súa forma masculina poden funcionar ocasionalmente como adverbios de modo (falar alto, correr lixeiro etc.). Tamén se habilitan adverbios de modo a partir de adxectivos na súa forma feminina seguidos da terminación -mente: boamente, docemente, caladiñamente. A mecanización de -mente (nas súas orixes substantivo) é total, de xeito que pode mesmo adherirse a palabras que orixinariamente non eran adxectivos; neste caso resultan máis ben adverbios de cantidade (ou precisión): soamente, talmente, propiamente, mesmamente, outramente, casemente.

18.5. De afirmación

18.6. De negación

Nin. No galego moderno só se rexistra a forma nin. No galego antigo está documentado case exclusivamente nen; pero aparece nin xa na Corónica de Iria. De todas as maneiras, a vacilación nen/nin xa é anterior; doutra maneira non se explicaría como, en palabras derivadas en que entra esta conxunción como prefixo privativo (< nec), aparece nin- desde os textos máis antigos, e non só en posición antevocálica, onde o paso ne > ni é explicable pola perda do carácter vocálico do -e (ni un, n'i un, nin un), senón tamén en posición anteconsonántica (ninmigalla, nimigalla; ningún; ninguén). Estas palabras, que no galego antigo tamén podían empezar por ne(n)- (ne un, n'e un, nen un; nenmigalla, nemigalla; nengún; nenguén), acabaron fixándose en galego moderno sempre con nin- (ningún, ninguén, ningures). Xa Sarmiento, que usa indistintamente nin e nen, non utiliza senón ningún, ninguén, nin migalla. Cómpre advertir que a distribución xeográfica port. nenhum, gal. ningún xa parte da idade Media, o cal non quita que aínda nos dialectos do N de Portu­gal se siga dicindo ninhum (e tamén nim).

A resolución das vacilacións nengún / ningún, nenguén / ninguén, nemigalla / nimigalla, nengures / ningures en favor da segunda forma acabou levando tamén a que a vacilación nen / nin se resolvese en nin. A esta simplificación de variantes axudou, sen dúbida, a transparencia etimolóxica dalgúns dos indefinidos mencionados, definitivamente resoltos en nin- (como ao revés, a falta de transparencia etimolóxica mantivo o ninguém do portugués a salvo da restauración en nenguém).

18.7. De dúbida

Quizais, quizabes. Quizais, propia do galego oriental, é a forma que presenta maior vitalidade no galego moderno, fronte a quizabes, que ten un uso máis restrinxido. Existen tamén outras variantes de certa circulación, como quizá, quizás ou as formas metatizadas cecais e cicais, pero normativamente recoméndanse quizais e quizabes.

+ Maximiza/Descarga (Formato DOCS)

18-Adverbios e locucións adverbiais.docx

+ Maximiza/Descarga (Formato PDF)

18-Adverbios e locucións adverbiais.pdf