O logaritmo (sobreenténdese que neperián, e dicir, de base "e") é a función inversa da exponencial.
Nesta app, a frecha vermella representa a matriz log(M), sendo M a matriz representada pola frecha verde.
A selección da matriz M faise mediante catro puntos deslizantes, dous deles (ET e ES) sobre a recta diagonal, e a parella restante (ED e EA) perpendiculares a eles. Os puntos ED e EA formarían o segmento complementario da matriz M.
O círculo rosa delimita as zonas naas que o punto EA daría lugar a unha matriz de autovalores reais, e cando EA está no exterior dese círculo rosa os autovalores de M serán imaxinarios.