Post date: Jun 7, 2013 11:57:38 AM
FUENTE: PORTAL DE TRABALLO.- XUNTA DE GALICIA
As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2012 e o 30 de setembro de 2013 ambas inclusive.
Entidade beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde e que acrediten a condición de entidade colaboradora segundo o establecido no artigo 2º da orde de convocatoria.
Colectivos subvencionables
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo ou a tempo parcial (entre o 35% e o 75%) que se realicen polas entidades colaboradoras con aquelas persoas desempregadas que teñan a consideración de participantes activas nos programas de fomento da empregabilidade, sendo prioritarios os seguintes colectivos de traballadores que sexan contratados con carácter indefinido:
Persoas desempregadas de longa duración.
Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.
Persoas desempregadas perceptoras da RISGA.
Persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade.
Mozas e mozos desempregados sen cualificación.
Vítimas de violencia de xénero.
Persoas desempregadas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social.
Mulleres desempregadas.
Contías dos incentivos
As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:
- 5.400 euros
- 5.900 euros cando as contratacións sexan realizadas con mulleres.
- 6.300 euros cando as contratacións sexan realizadas por microempresas, 6.800 euros se, neste suposto, a contratación se realiza cunha muller..
- 7.200 euros euros cando as contratacións sexan realizadas por microempresas para prestar servizos en centros de traballo radicados nun concello rural, 7.700 euros se, neste suposto, a contratación se realiza cunha muller.
No caso de que a empresa conte no seu cadro de persoal no mes da contratación pola que se solicita subvención cun mínimo do 75% de persoal indefinido as contías das axudas serán as seguintes:
- 6.000 euros
- 6.500 euros cando as contratacións sexan realizadas con mulleres.
- 7.000 euros cando as contratacións sexan realizadas por microempresas e 7.500 euros se, neste suposto, a contratación se realiza cunha muller.
- 8.000 euros euros cando as contratacións sexan realizadas por microempresas para prestar servizos en centros de traballo radicados nun concello rural e 8.500 euros se, neste suposto, a contratación se realiza cunha muller.
Prazo de solicitudes
As axudas previstas neste programa poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral de carácter indefinido.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2013, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2013 e a data da publicación desta orde (6/06/2013), poderán presentarse no prazo dun mes desde a data de publicación da orde reguladora (6/07/2013).