Post date: Oct 31, 2017 2:11:52 PM
ObxectoEstas bases teñen por obxecto aprobar as bases reguladoras para as persoas traballadoras autónomas por conta propia ou autónomas que unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade amplíen a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a dita baixa, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
As persoas traballadoras autónomas que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que tiveran realizado un contrato de interinidade por maternidade ou paternidade e no prazo dos quince días seguintes á súa finalización realicen outro contrato coa mesma persoa.
Tipo de axuda
Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma unha vez rematada a súa baixa por maternidade ou paternidade, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.
O importe da subvención para compensar dita contratación será do 100% da cota empresarial da Seguridade Social incluídas as de accidentes de traballo e enfermidades profesionais correspondente á persoa contratada durante un máximo de 16 semanas.
Procedemento de concesión
O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.
Prazo de solicitudes
O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas para este programa será dun mes desde a súa publicación no DOG para as contratacións realizadas ata a súa publicación e dun mes desde a contratación para as realizadas con posterioridade á súa publicación.