Neste mes de outubro poñemos oficialmente en marcha as bitácoras de aula, un espazo de comunicación aberto ás familias no que, semana a semana, iremos compartindo as principais liñas de traballo que se desenvolven na clase. A través delas poderedes coñecer de primeira man os proxectos, actividades e dinámicas que forman parte da aprendizaxe cotiá do alumnado.
Ademais de recoller o resumo das tarefas de cada semana, este espazo servirá tamén para destacar aqueles momentos, experiencias ou avances que consideremos especialmente significativos.