O ritmo de traballo desta semana viuse alterado pola convocatoria de folga xeral do profesorado, que foi secundada de maneira maioritaria. Por este motivo, só contamos con dous días efectivos de clase, nos que a actividade principal estivo centrada na organización e preparación dos textos teatrais que estamos a elaborar para a representación da noite de Samaín.
Aínda así, puidemos levar a cabo as exposicións orais previstas. Enzo presentounos o balneario de Mondariz, explicando a súa historia, as propiedades das augas e a importancia deste lugar no turismo termal de Galicia. Pola súa banda, Virgi falounos de Covelo, paisaxes e tradicións dun entorno rural con moito encanto.