1. Asemblea e expresión oral:
Noticias do fin de semana.
Lectura do mestre: "Cuentos en versos para niños perversos" (Caperucita/Los tres cerditos).
valoración sobre as diferenzas ao respecto das historias orixinais.
Vocabulario específico.
Lírica popular. Recitado, memorización e xogo compartidos:
"Unha pega rebordá, puxo un ovo na quintá. Puxo un e rebordou..."
Cantigas na asemblea: "O Moucho".
Aprendizaxe da letra, prosidia rítmica e melodía.
Poesía visual de Mónica Carvalho: A praia.
Observación e descrición da imaxe.
Posibles interpretacións da imaxe (comparación da praia/natureza cun ser vivo, neste caso unha persoa).
Falamos de "Gaia" a nai terra para as civilizacións antigas.
Exposicións orais de Pablo, Mateo F, Mateo P., Noa e Hugo.
Valoración colectiva e individual das exposicións realizadas.
2. Lectura e escritura:
Esta semana iniciamos unha nova proposta de escrita o "Texto libre".
Cada neno, cada nena redacta libremente sobre un tema, unha preferencia, unha experiencia, unha historia inventada, etc.
Na primeira parte da dinámica non focalizamos en cuestións ortográficas, nin de expresión, o obxectivo é provocar a necesidade de escribir.
Nunha segunda sesión, un dos textos do alumnado (solicitado un voluntario) exponse na pantalla da clase para entre todos realizar un proposta de enriquecemento e modelaxe (parte ortográfica e de expresión).
Transmitir que a dinámica tivo moi boa aceptación na aula, de feito realizáronse varios textos seguindo este formato.
"Día na biblio". Elaboración dun plan de traballo (pendente por rematar algunhas tarefas na vindeira semana).
3. Matemáticas:
Xeometría. Triángulos. Clasificación segundo os seus lados.
Trazado de triángulos equiláteros, isósceles e escalenos.
Uso e manexo do xeoplano para o trazado de triángulos, medición con reglas de cada un dos lados, traslado dos resultados a caderno.
Circuíto matemático (2 sesións):
Cálculo mental.
Estimación e aproximación (xogo de dados).
Xeometría con xeoplanos.
Organización espacial.
Continuamos con dinámicas de práctica e asentamento das táboas de multiplicar (asentamos x2, x3, x5).
Resolución de problemas "Quinzet".
4. Recantos.
Non houbo recantos esta semana
5. Contextos:
Estamos a punto de rematar os contextos deste segundo grupo.
Transmitiri que como consecuencia da ausencia de profesorado no presente curso, os contextos de aprendizaxe do 2º ciclo pasarán de ser tres a dous. Os responsables de ambos contextos serán os titores de 3º e 4º, Javi e Paulo.
-----------------------
Tivo lugar este venres o sorteo das mochilas viaxeiras. Na clase de terceiro a afortunada no sorteo foi Diana.