Esta semana foi moi especial, xa que celebramos o Entroido na escola e aproveitamos para coñecer máis sobre as máscaras tradicionais do Entroido galego, como os peliqueiros, pantallas, felos, volantes... Lemos información, vimos vídeos e falamos sobre estas figuras tan importantes da nosa cultura popular.
Tamén rematamos as exposicións orais sobre a emigración de familiares a América, nas que aprendemos moitas historias interesantes dos nosos compañeiros e compañeiras.
No ámbito matemático, descubrimos a "técnica italiana" para facer multiplicacións con números de dous ou máis cifras e practicámola resolvendo operacións e problemas da v. Ademais, seguimos coas estacións matemáticas, reforzando a multiplicación e os problemas de Partes/Todo.
Na parte lingüística, continuamos lendo e recitando poesías de Rosalía de Castro, coas que fixemos incluso gravacións para a radio do cole. Tamén seguimos co Club de Lectura e, como cada semana, escribimos o noso "texto libre" e disfrutamos do préstamo de libros na biblioteca.
Dentro do Proxecto Patagonia, xa estamos pechando as últimas investigacións sobre a flora, fauna, aves e froitos desta rexión. Tamén seguimos en contacto coa familia da canle de YouTube Los Mundo, que nos contou máis cousas sobre a súa viaxe pola Patagonia e o seu libro.
Por suposto, o venres puxemos o broche final cunha xornada de Entroido chea de festa, disfraces e alegría!