Realízase a continuación un pequeno resumo en imaxes das dúas últimas do último mes do ano. Non se iniciou neste tempo ningún proceso, asentamos procesos desvoltos ao longo do trimestre .
Realizouse unha boa parte das exposicións orais das nenas e nenos da aula (con posta en común cos compañeiros, avaliación grupal, do mestre e autoavaliación).
Iniciamos unha nova rolda de traballo nos recantos da clase (proxecto, recanto lingüístico, recanto matemático, recanto das pantallas e recanto artístico).
Pechamos os últimos contextos, xeografía (co profe Paulo) e sostibilidade (co profe Javi).
Ensaiamos de maneira diaria os "cantos das xaneiras" que se celebramos para despedir o ano o pasado 20 de decembro.