VERO BOQUETE

Andrea ansede varela

Vero BOquete

(Santiago de Compostela, 9 de abril de 1987)

futbolista


Verónica Boquete Giadáns é unha futbolista española que xoga como centrocampista na Associazione Calcio Milan da Serie A de Italia. Foi internacional coa Selección Española, da cal chegou a ser capitá.

Xa despuntou na Primeira Feminina con 18 anos, cando fichou polo Prainsa Zaragoza, procedente do Xuventú Aguiño.

Tras tres tempadas en Zaragoza, o Espanyol puxo os ollos no seu talento e xogou entre 2008 e 2010 no conxunto catalán, co que gañou dúas Copas da Raíña.

A súa calidade non pasou desapercibida internacionalmente e xogou varias tempadas en EEUU, Rusia e Suecia, onde chegou á final da Champions.

Desde febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino, e desde 2017 forma parte da comunidade de futbolistas CommonGoal, iniciativa liderada polo tamén español Juan Mata que loita a favor da reintegración social da infancia a través os fondos recadados co 1% do salario dos e das futbolistas da comunidade.

En 2020 Vero Boquete conseguiu coarse no once do ano da FIFA, que non inclúe a ningunha outra española.


Vero foi nomeada mellor deportista galego en 2009


Fichando polo AC Milán


Entrevista a Vero