FANNY GARRIDO

Puri Paíno Rodríguez

Francisca González Garrido

(A Coruña 1846- Liáns 1917)

ESCRITORA


Dama de extraordinaria beleza, coñecida popularmente por Fanny Garrido e que tamén escribía baixo o pseudónimo de Eulalia de Liáns en alusión á parroquia de Santa Eulalia de Liáns en Oleiros onde viviu no pazo de Lóngora, que foi durante anos centro da vida musical e literaria da Coruña, verdadeiro foco de cultura europea.

Casou con Marcial de Adalid, célebre compositor e músico coruñés romántico, con quen tivo a súa filla, María de los Dolores del Adalid y González Garrido, recoñecida pintora.

Tras quedar viúva casou co científico José Rodríguez Mourelo, químico lucense de recoñecemento internacional.

Entre as súas obras están a novela autobiográfica Escaramuzas, que dedicou á súa amiga Emilia Pardo Bazán (con quen cofundou La Sociedad Gallega de Folklore), La madre de Paco Pardo, e Batallas (inédito).

Colabora nos periódicos madrileños Galicia e El Correo.

Tamén destacou polas súas traducións do alemán, de autores como Heine e especialmente de Goethe.


Imaxe do patio do Pazo de Lóngora onde viviría a escritora


Versos musicados de Fanny Garrido


Imaxe da portada dun dos seus libros