SéS

Pilar Seoane Sánchez

SÉS

(A CORUÑA, 12 DE NOVEMBRO de 1982)

CANTAUTORA


María Xosé Silvar, máis coñecida como SES ou Sés, é unha cantautora galega.

Comezou a súa formación no baile e na música tradicional galega. Ademais diso, é mestra e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social.

No ano 2007 creou o grupo Chámalle Xis! xunto con outros tres amigos. Foron un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

Logo de máis de 30 concertos por toda Galicia con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos e artistas como Zënzar, Xabier Díaz, Xosé Bocixa e Guillerme Fernández, en 2010 María gravou unha maqueta con tres temas "Tola atrás de ti", "Admirando a condición" e "Se te vas", producida por Airapro. En marzo de 2011 gravou o seu primeiro álbum de estudio chamado Admirando a condición

SÉS é o fenónemo musical dos últimos anos da escea galega. A chegada desta cantora coruñesa supuxo unha auténtica revolución como se pode aprezar nos últimos 9 anos da súa carreira na que sacou 7 discos.

O último deles Liberar as arterias segue a manter a súa valente e potente mensaxe que xa ten gañado un oco no público latinoamericano e galego.


Portada do seu último traballo Liberar arterias



Sés en concerto



"Milonga de aquí" unha das súas cancións máis coñecidas