MARÍA PITA

alba GONZÁLEZ ramos

MAría Pita

Sigrás, A Coruña 1556?- 1643

HEROÍNA DA CIDADE

Mayor Fernández da Cámara Pita, máis coñecida como María Pita, nada en Sigrás (Cambre) contra 1560 e finada no mesmo lugar en 1643, foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra o ataque da Armada Británica acontecido no ano 1589.


Era filla de Simón Arnao e María Pita "a vella", e naceu arredor de 1556. Ao facerse maior dedicouse a axudar o negocio familiar, unha tenda na Peixería da Coruña.

O 3 de maio de 1589 as tropas inglesas chegan á Coruña dirixidas polo almirante e antigo corsario Francis Drake. O ataque formaba parte da estratexia que mantiña a raíña de Inglaterra Isabel I, para quitar do trono de Portugal o que fora o seu cuñado e posterior rexeitado pretendente: o rei Filipe II (Rei de España dende 1556 e de Portugal dende 1580). Os ingleses, despois de cercar a cidade da Coruña, abriron unha fenda na muralla e comezaron o asalto da cidade vella, durante o cal mataron o marido da María Pita, quen, chea de rabia, arrebata a lanza da bandeira inglesa e, con ela, mata o alférez que dirixía o asalto, o irmán do almirante Francis Drake.[3] Isto desmoralizou a tropa inglesa, composta de 12.000 efectivos e provocou a súa retirada. A tradición di que este feito foi levado a cabo co berro de "Quen teña honra, que me siga".

Unha vez rematada a batalla, axudou a recoller os cadáveres e coidou dos feridos. Xunto con María Pita, outras mulleres da Coruña axudaron a defender a cidade; está documentado o caso de Inés de Ben, que foi ferida na batalla.

Á marxe da súa intervención no cerco, a súa vida estivo chea de vicisitudes, entre as que figuran numerosos preitos. No Arquivo do Reino de Galicia consérvanse até vinte de diferentes contidos: débedas e apropiación de bens, tamén querelas criminais por insultos e agresións, e dúas viaxes á Corte de Madrid. Por causa deles foi condenada ao desterro. fixo a súa primeira viaxe no ano 1596 para solicitar a recompensa polos seus servizos durante o cerco inglés. A segunda viaxe no ano 1606 tivo por obxecto confirmar anteriores mercedes (outorgáralle, por exemplo, unha praza de soldado no presidio coruñés, licenza para exportar mulas a Portugal, a exención da obriga de aloxamento de soldados na súa casa e unha gratificación económica) e tratar de obter novas concesións reais. No ano 1616 a súa casa viuse afectada por un incendio na Cidade Vella da Coruña.

Faleceu en Cambre en 1643 e, aínda que no seu testamento solicitaba ser enterrada no convento de San Domingos da Coruña, non se conserva ningún documento que o acredite nin se puido identificar a súa tumba.

Batalla contra os ingleses na cidade da Coruña


Retrato de María Pita


Biografía de María Pita