EUGENIA OSTERBERGER

leli villamil Míguez


eugenia osterberger

Santiago de Compostela 1852- Niza 1932

pianista e compositora

Foi unha compositora e pianista compostelá , figura destacada no ambiente cultural galego de finais do s.XIX; relacionábase con Emilia Pardo Bazán e coa comisión que creou a Real Academia Galega, da que foi membro correspondente. Esta figura permanecería hoxe prácticamente descoñecida a non ser por un recente traballo de investigación de Rosario Martínez e Beatriz López que rescata o legado musical desta compositora.

Eugenia tivo acceso a unha coidada formación artística en Francia, onde vivía parte da súa familia paterna. Casa e ten 7 fillos, pero segue a participar da vida cultural da Coruña, onde se establece co seu home; dá clases e compón música. Co nome de Mme. Saunier (que toma do seu home), asina partituras publicadas por Canuto Berea, pero tamén impresas en Madrid e Paris. Coñecemos dúas facetas da súa actividade compositiva: o piano e a canción de salón para voz e piano. Debeu ter unha abundante produción; pero o que se coñece actualmente non chega a dúas ducias de partituras.

En 1907 mudouse á Costa Azul e desapareceu do ambiente cultural galego.


Unha das pezas de Eugenia baixo o nome de Mme. Saunier


Exemplo das súas composicións


Homenaxe á compositora na Coruña