ANA PELETEIRO

Nicole pimentel Veras


ANA PELETEIRO

(Ribeira, A Coruña, 2 de dEcembro de 1995)

ATLETA

Ana Peleteiro é unha atleta española, plusmarquista nacional na modalidade de triplo. É a actual campioa de Europa en pista cuberta da súa especialidade.

Foi elixida mellor atleta española júnior dos anos 2011, 2012 e 2013 pola Real Federación Española de Atletismo, foi Premio Princesa de Asturias do ano 2013, e obtivo a Medalla Castelao en 2020.

Formouse na súa localidade natal, competindo ata os 17 anos pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. En xuño de 2019 trasládase a Madrid, para continuar a súa progresión no Centro de Alto Rendemento para deportistas da capital.

O 12 de xullo de 2012, con 16 anos de idade, proclamouse campioa mundial júnior da especialidade, cun salto de 14,17 m. co que tamén bateu a mellor marca europea de todos os tempos da categoría xuvenil.

Actualmente, estuda Ciencias da Actividade Física e Deporte no INEF.

En 2018 obtén os seus primeiros éxitos internacionais en categoría absoluta. O 3 de marzo consegue a medalla de bronce nos mundiais de pista cuberta de Birmingham, tras realizar nun salto a súa mellor marca persoal con 14,40 m. e o 10 de agosto tamén alcanzou o bronce no europeo ao aire libre, celebrado en Berlín.

En 2019 conseguiu a medalla de ouro no Campionato Europeo en pista cuberta cun mellor salto de 14,73 m, novo récord de España absoluto. Por este éxito a RFEA elixiuna como mellor atleta española do ano.


Ana en plena competición


En 2013 recibe o premio Princesa de Asturias


Ouro en triple salto no europeo de 2019