MARÍA MIRAMONTES

Reme martínez Vázquez


MARÍA MIRAMONTES

(Bergondo, 6 de abril de 1895 - bos Aires, 17 de septembro de 1964)

Activista e intelectual

María Dolores Miramontes Mato foi unha activista e intelectual rexionalista galega.

Filla de xornaleiros, trasladouse coa súa familia á Coruña, onde comeza a traballar nun obradoiro de costura aos 11 anos. Nesta cidade relaciónase con outras mulleres que terán un papel moi destacado no galeguismo e no republicanismo como Elvira Bao Maceiras e Amparo López Jean.

Militou nas Irmandades da Fala e en 1918 formou parte da súa Xunta Directiva. En 1920 casou con Ánxel Casal, abriron xuntos unha tenda de tecidos, na que traballou de costureira. O matrimonio puxo en marcha outras moitas iniciativas. Fundaron a Editorial Lar e posteriormente a Editorial Nós e dirixiron as Escolas de Insiño Galego, ensino bilingüe e inspirada nos principios da Institución Libre de Enseñanza. Coa proclamación da II Repúblca e o ingreso no Partido Galeguista, trasladáronse a Santiago de Compostela, onde seguiu a traballar de costureira. No ámbito político, colaborou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.

Tras o asasinato do seu marido na guerra civil, embarcou na Coruña rumbo a Bos Aires en novembro de 1936. Na capital arxentina traballou de modista e casou cun curmán, Pedro Miramontes. Mantivo contacto con representantes do exilio galego como Luís Seoane e Maruxa Seoane. Morreu no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires.


Excursión das Irmandades da Fala da Coruña



María Miramontes e o seu home Ánxel Casal



Tecendo Terra