IRENE GONZÁLEZ BASANTA

anxos fuciños calle

IRENE GONZÁLEZ BASANTA

(A Coruña 1909-1928)

pioneira futbolista

Irene González Basanta foi unha gardameta de fútbol na década de 1920.​ Xogaba nun equipo federado da Coruña que levaba o seu nome: Irene C.F. En 1928 enfermou de tuberculose e morreu. Está considerada como a primeira xogadora galega e española de fútbol.

Ao principio da súa carreira, no equipo infantil Racing-Athletic, Irene xogaba de dianteiro centro, pero por motivos descoñecidos, cando fundou o seu club Irene C.F., do que pasaría a ser capitá, ela pasou a xogar na posición de porteira.

A comezos do ano 1925, cando faltaban tan só uns meses de que cumprise 16 anos, sacáronlle unha fotografía a Irene, a única coñecida. Nela pódeselle ver cun xersei branco, pantalón negro bombacho medias e zapatos para xogar ao fútbol. Persoas que a viron xogar afirman que Irene era unha gran porteira, á cal era moi difícil encaixarlle un gol.

Co Irene F.C. xogaría en competicións infantís da Coruña, e organizaría un campionato no que participaron 18 clubs, o cal se celebrou de xuño a setembro de 1925. Tamén interviría en varios encontros amigables.

No outono do ano 1927, enfermou de tuberculose, enfermidade que a apartou do terreo de xogo. Cos poucos recursos que tiña, tivo que empeñar os seus escasos aveños para poder pagar a medicación, alimentación e o alugueiro.

En novembro do mesmo ano, xornais locais difundiron o seu grave estado, e os apuros polos que pasaba, e, debido a isto, rapidamente xurdiu a solidariedade da xente. Na Coruña, Ferrol e Betanzos fixéronse colectas entre afeccionados durante os partidos de fútbol e celebráronse varios partidos benéficos, cuxa recadación íntegra se lle entregaría.

Grazas a todo isto, Irene puido recuperarse, pero meses despois, morrería repentinamente no seu domicilio por unha secuela que lle deixou a tuberculose.

Mamá,

futbolista quero ser,

para xogar como Irene,

que xoga moi ben.


Mamá,

cando eu sexa maior,

gañarei moito diñeiro

xogando ao futbol.

Copla cantada na época