CONCEPCIÓN ARENAL

NOemí Puga VIDAL

CONCEPCIÓN ARENAL

(Ferrol, 1820 - Vigo, 1893)

Escritora e activista social


Concepción Arenal Ponte, considerada a nai do feminismo español, foi unha escritora, avogada penalista, pensadora e dramaturga encadrada no realismo literario.

Sorteando as dificultades que na súa época se opoñían ao acceso das mulleres á universidade, Concepción Arenal estudou en Madrid Dereito, Socioloxía, Historia, Filosofía e idiomas (tendo ata que acudir a clase disfrazada de home).

En 1847 casou con don Fernando García Carrasco, avogado e escritor, e ambos esposos colaboraron no periódico La Iberia, de tendencia liberal. O seu primeiro libro foi a novela Historia dun corazón, e en 1851 publicou Fábulas en verso. Tras enviuvar pronto foron coñecidas as súas críticas á inxustiza social do seu tempo (particularmente contra a marxinación da muller, a condición obreira e o sistema penitenciario), fundamento dun reformismo social de raíz católica.

En 1862 publicou o seu Manual do visitador do preso, traducido a case todos os idiomas europeos. En 1864 foi nomeada visitadora xeral de prisións de mulleres.

Como penalista propuxo unha función educativa do sistema penitenciario que reformase ao delincuente en lugar de castigalo.

Na obra e na vida de Concepción Arenal domina a esperanzadora certenza de que na sociedade existen os elementos necesarios para consolar todas as dores; non hai máis que harmonizalos.

Das súas obras sobre a condición feminina sobresaen A muller da súa casa e A muller do porvir. Combateu os prexuízos sobre a suposta inferioridade fisiolóxica, moral e intelectual da muller e explorou as consecuencias do seu acceso á educación e ao traballo.


Unha das súas frases maís salientables


Primeiras edicións dalgúns dos seus libros


Fotograma da serie "Concepción Arenal, a visitadora de cárceres"