LUISA VILLALTA

Rosalía Ferreiro garcía

LUISA VILLALTA

A Coruña 15 de xullo de 1957 - 6 de marzo de 2004)

escritora,violinista e profesora


Luísa Villalta Gómez foi unha escritora, violinista e profesora galega.

Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, combinou o seu traballo como docente de Lingua e literatura galega coa creación literaria e mais a música.

Titulada superior en violín, participou na Xove Orquestra de Galicia e na Orquestra de Santiago de Compostela. A faceta musical tamén influíu en toda a súa escrita, publicando artigos e ensaios como O outro lado da música, a poesía (1999) ou A Música e Nós (2002).

Algunhas das súas obras poéticas inclúen Música reservada (1991), Ruído (1995), Estudo das sombras (2002) e En concreto, premio Espiral Maior de Poesía no 2003 e Premio da Crítica Galega á Creación Literaria no 2005.

Canto á narrativa, publicou obras como Teoría de xogos (1997) ou As chaves do tempo (2001). Ademais, conseguiu o Accésit do Premio de Relatos Pedrón de Ouro no 1990 por A taberna do holandés.

Luísa Villalta tamén foi unha persoa comprometida coas inxustizas e participou activamente en iniciativas políticas, sociais e culturais. Tanto nas súas obras como en conferencias e artigos deixaba de manifesto a súa implicación coas loitas sociais e a súa defensa da lingua galega.

Placa conmemorativa na casa na que naceu


A escritora nos seus anos mozos


Concurso creado co seu nome