EMILIA PARDO BAZÁN

Matilde Mosquera LEndoiro

emilia pardo bazán

(A Coruña, 16 setembro 1851- Madrid, 12 maio 1921)

escritora


Emilia Pardo Bazán foi escritora , intelectual, xornalista e crítica literaria triunfando na literatura española como escritora e como figura pública. Moi influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos.

Destaca tamén o seu labor como impulsora da creación, xunto con outros destacados intelectuais galegos, da Real Academia Galega.

En recoñecemento polos seus méritos artísticos, o rei Afonso XIII concederíalle en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.

Ao igual ca outras contemporáneas está considerada como unha das precursoras do movemento feminista en España.

Ao longo da súa obra criticou a degradación e marxinalidade da muller e expresou o seu desexo de crear para as mulleres unha educación e unha formación intelectual igual cá dos homes.


Estatua de Emilia Pardo Bazán na Coruña (Xardíns de Méndez Núñez)


Dúas das súas obras máis memorables


Pardo Bazán retatada mentres escribía un dos seus innumerables artigos periodísticos.