ISABEL ZENDAL

Libia pérez vázquez


isabel zendal

(Santa Marina de Parada, Ordes, A Coruña, 1771-Puebla de los Ángeles, Nova España)

enfermeira

Isabel Zendal Gómez foi unha enfermeira española, reitora do Orfanato da Caridade da Coruña.

Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina contra a varíola (enfermidade que tamén lle arrebatou á súa nai), encabezada polo médico militar alicantino Francisco Javier Balmis. A bordo do navío “María Pita”, encargouse do coidado dos vinte e dous nenos, entre os que se atopaba o seu fillo, da Casa de Expósitos da Coruña que viaxaron a América; con idades de entre tres e os nove anos, e dos veinte e seis que foron a Filipinas, durante os dez anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. Na dita campaña lograron inmunizar a 250.000 persoas, non é casualidade, polo tanto, que hoxe en día a base de datos sanitaria do Ministerio de Defensa sobre Vacinas leve o seu nome.

É considerada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como a primeira enfermeira da historia en misión internacional.


A inoculación da enfermidade


A expedición da varíola