MARTA BRAÑAS

carlota cacharrón Fernández


Marta Brañas

Arteixo , 3 de agosto de 1985

militar e boxeadora


Marta Brañas Rumbo é unha militar galega, que chegou a ser campioa de España de boxeo profesional.

Iniciouse no deporte no kung-fu, onde chegou a ser cinto negro. En 2003 deixou o kung fu pola práctica do boxeo no ximnasio local Planas Box onde Brañas adestrou como puxilista .

En 2009 trasladouse a Madrid para formarse como boxeadora no centro de alto rendemento Blume. Uniuse á selección española feminina de boxeo e participou con ela nos mundiais de 2012 de afeccionadas, disputados en Qinhuangdao (China), no peso mosca.

En 2014 obtivo o campionato de España de peso galo en amateur. Nese mesmo ano converteuse na primeira boxeadora profesional galega, ao asinar un contrato cunha promotora dos Estados Unidos. Regresa a Galicia e en setembro de 2015 disputa o seu primeiro combate profesional de volta, en Arteixo. En decembro dese ano converteuse na primeira campioa de España de boxeo con carácter profesional.

Como boxeadora chamábanlle a "potrilla de Arteixo", dado que Brañas traballaba na coida e preparación de cabalos e posuía unha poldra. O seu adestrador como púxil foi Chano Planas.

Abandonou o boxeo en maio de 2017 por mor dun conflito económico entre promotores en Panamá. No total da súa carreira profesional como boxeadora disputou nove combates e gañounos todos

Sen deixar a súa profesión como militar en infantería, cando abandonou o boxeo comezou a practicar o fútbol coa SCD Pastoriza, de Pastoriza. Tamén compite en saltos de equitación.

Ademais de militar, estuda enfermería na Universidade da Coruña.

Marta en plena competición


O alcume de Marta no mundo do boxeo.